Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Redondela organiza un flashmob contra a violencia de xénero

Dentro da programación co gallo do 25N, a Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, que dirixe Iria Vilaboa, convida á veciñanza de todas as idades a participar na actividade Danza na Rúa contra a Violencia Machista.

A Deputación investirá case 1 M€ para a transformación da zona do Salgueiral, no centro de Redondela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaron este martes un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.

Redondela ilumínase de azul polo Día da Diabete

A Casa do Concello de Redondela iluminouse de cor azul para conmemorar o Día Mundial da Diabete, que se celebra hoxe 14 de novembro.

Redondela presenta unha ampla programación polo 25N

A concellería de Igualdade do Concello de Redondela organiza unha ampla programación co gallo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Magosto e humor esta fin de semana en Redondela

Os tradicionais magostos, tan propios do outono galego, chegan no serán do sábado ás parroquias de Redondela. En Ventosela celébrase ás 17.00 horas no Centro Cultural A Miñoteira dentro da programación das festas de San Martiño.

Escolares de Mos, O Porriño e Redondela participan no ciclocross do programa Xogade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañou este xoves a preto de 1.300 escolares de Vigo, Mos, O Porriño e Redondela que participaron na saída do Cross Escolar celebrada en Zamáns no marco do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).

Homenaxe nacional a Dorothé Schubart

O Concello de Redondela organiza este sábado 11 de novembro unha homenaxe á musicóloga Dorothé Schubart. Por un lado, cun concerto infantil baseado no seu traballo arredor do "Cancioneiro popular galego" que leva por título "Café Dorothé".

Redondela agradece a colaboración e responsabilidade da veciñanza durante os temporais

Unha vez rematadas as sucesivas borrascas que afectaron a Redondela, desde a concellería de Medio Ambiente que dirixe Pilar Martínez, faise un balance positivo da xestión feita tanto nos traballos de previsión como na resolución dos efectos que as borrascas tiveron neste municipio.

Presentación do libro de Porto Cabeiro, escrito a través do alumnado

O vindeiro martes, 7 de novembro ás 17:30 h, haberá unha actividade especial no salón de actos do colexio de Porto Cabeiro. Trátase da presentación do libro "O lumnado de Porto Cabeiro escribe sobre as súas parroquias".

Redondela celebra unha xuntanza cos veciños de Chapela para dar información sobre as obras da AP-9

O auditorio do Piñeiral do Crego acollerá, o mércores 8 de novembro ás 17.30 horas, unha charla informativa á que están convidados colectivos e asociacións de Chapela, así como toda a veciñanza da parroquia que desexe asistir.

Redondela abordará a viabilidade das alternativas ao transporte escolar propostas pola Xunta de Galicia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuníronse onte en Pontevedra co responsable provincial de Ensino, César Pérez Ares, e a xefa Territorial de Mobilidade, María Martínez, para trasladarlles as necesidades dos centros de ensino público de Redondela.

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais en Redondela

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas na parroquia do Viso, no concello de Redondela, cara á ría de Vigo.