Luns, 12 Maio de 2025

Redondela

O BNG de Redondela aposta pola restauración polo cargadoiro de Rande

A aprobación dos Orzamentos da Xunta para o ano 2020, servíu de argumento á Asemblea Local do BNG de Redondela, para a presentación de varias emendas, entre elas destacaba, unha partida de 300.000 € para a recuperación do Cargadoiro de Mineral 'Coto Wagner' en Rande.

O Viso recupera o seu tradicional «Serán»

O vindeiro venres, 29 de novembro, a Casa cultural de Saramagoso, na parroquia redondelá do Viso, acollerá a partir das 20 horas o serán organizado pola comisión de Festas de San Blas do Viso.

O Concello de Redondela asegura que os nenos do novo Colexio Igrexa terán calefacción

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros mantiveron unha xuntanza de traballo co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, para tratar diversos temas relacionados cos centros escolares redondeláns con especial atención ao problema da falta de calefacción do novo Colexio Igrexa de Chapela.

Presentación de «A casa xunto ao volcán» de Xosé Ricardo Losada, gañadora do II Premio Viadutos de Novela

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolle mañá sábado, 23 de novembro o acto de presentación da novela ‘A casa xunto ao volcán’, de Xosé Ricardo Losada, gañadora do II Premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela.

O Concello de Redondela convoca a Mesa Intersectorial que levaba dous anos sen reunirse

Este luns, a alcaldesa Digna Rivas acompañada da Concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, presidiron a Mesa Intersectorial onde están representados numerosos colectivos e asociacións de Redondela. Nesta primeira reunión do actual Goberno, amais de valorar os proxectos realizados, buscábase establecer unha canle directa de comunicación entre o Goberno local e o tecido asociativo redondelán.

A Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela comeza a recollida de alegacións

O pasado 30 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicaba o anuncio de apertura do periodo de exposición pública do Expediente 4982/2019 de tramitación de licenza municipal para salón recreativo de xogo. Dende ese día, a Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela tal e como viña anunciando, organizouse para estudar o expediente e elaborar escritos de alegacións para poñer a disposición da veciñanza.

«Preocupémonos: menores e apostas», charla de Érguete no Multiúsos da Xunqueira

A Asociación Érguete organiza, para mañá mércores, 13 de novembro ás 19 horas, unha charla informativa co significativo título de 'Preocupémonos: menores e apostas', iniciativa que se desenvolve ao abeiro do Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Adictivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela.

Redondela reafirmase na súa “total e absoluta oposición” á reordenación do acceso a Rande da APV

A Alcaldía de Redondela vén de amosar, unha vez máis, o seu “absoluto rexeitamento” ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande proposto pola Autoridade Portuaria de Vigo á que, segundo a alcaldesa Digna Rivas, “parécelle importar ben pouco realizar unha actuación que degradará de xeito irreversible, unha zona de protección ambiental”.

O BNG de Redondela aposta por renovar o antigo Colexio Igrexa “como espazo multifuncional”

O fin da actividade lectiva no antigo CEIP Igrexa, Chapela, “debe ser aproveitado para que se cree un novo espazo dotacional de carácter cultural e asociativo na parroquia”, asegurou hoxe o voceiro do BNG de Redondela, Xoán Carlos González

Redondela inaugura «Matemaxia» para fomentar o galego no eido da ciencia

O pasado 4 de novembro celebrábase o «Día da Ciencia en Galego», e por este motivo o Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Redondela organizou un obradoiro titulado 'Matemaxia', que estivo a cargo do Mago Paco e dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria.

Gonzalo Caballero pecha a campaña en Redondela

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Gonzalo Caballero, pechará a campaña electoral nunha cea-mitin que terá lugar no Convento de Vilavella, en Redondela, o vindeiro venres 8 de novembro.

Redondela retira os polémicos tubos de batea almacenados en Cesantes

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Roberto Villar, vén de poñer fin a un almacenamento indebido de varios flotadores de batea que estaban almacenados no Campo de San Pedro, na parroquia de Cesantes, dende xuño de 2017 debido, sinala a Concellería "a unha mala xestión e permisos verbais, que acabaron con un depósito indebido de materias nun espazo público que non está destinado para tal fin".