11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela convoca a Mesa Intersectorial que levaba dous anos...

    O Concello de Redondela convoca a Mesa Intersectorial que levaba dous anos sen reunirse

    Este luns, a alcaldesa Digna Rivas acompañada da Concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, presidiron a Mesa Intersectorial onde están representados numerosos colectivos e asociacións de Redondela. Nesta primeira reunión do actual Goberno, amais de valorar os proxectos realizados, buscábase establecer unha canle directa de comunicación entre o Goberno local e o tecido asociativo redondelán.

    Nesta reunión participaron representantes dos centros educativos, dos representantes do ámbito sociosanitario, dos centros de día de maiores e das asociacións de maiores, entre outros colectivos.

    Esta convocatoria realizouse para tratar temas relacionados coa promoción da saúde tanto, en xovenes como maiores, coa novidade de incorporar as novas iniciativas propostas aplicables a estes colectivos.

    Por parte do Goberno local, informouse aos colectivos presentes da adhesión do Concello de Redondela á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, dentro do Convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Sanidad, Consumo y Benestar Social e a Federación Española de Municipio y Provincias.

    Dita estratexia ten como finalidade a promoción e a prevención da saúde dentro de todos os sectores (social, educativo, deportivo, veciñal…) da cidadanía de Redondela.

    O Concello considera necesaria o traballo en común de todos os axentes involucrados na materia, e a implicación no eido da promoción e prevención da saúde.

    Digna Rivas subliñou como “moi necesario” o traballo común coas distintas asociacións e colectivos do municipio. “Entendemos que deben formar parte activa das accións propostas dende a Administración Local”. Nesa mesma liña, a alcaldesa redondelá asegurou que o Goberno local “terá en conta as súas achegas coa finalidade de acadar un beneficio común”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.