Luns, 10 Novembro de 2025

Comarcas

Nigrán abre a convocatoria de axudas para os cemiterios e as comunidades de augas

O Concello de Nigrán estrea a súa primeira liña de axudas aos cemiterios de propiedade veciñal coa apertura hoxe do prazo de solicitude, feito que coincide tamén coas subvencións municipais ás comunidades de augas coas que o Concello xa leva anos colaborando.

2350 atletas de entre 7 e 14 anos nunha nova edición do programa Xogade en Salceda

A área do Borralliño, na parroquia de Soutelo, acollerá os vindeiros 9 e 10 de novembro unha nova edición do programa Xogade que pon en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte, dirixido á poboación en idade escolar.

Arbo celebra o Día Mundial do Enoturismo

O vindeiro domingo, 12 de novembro, celébrase o Día Mundial do Enoturismo, unha ocasión ideal para que os amantes do viño visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea "Museo Arabo".

Tomiño comeza o ‘Mes do amor’ rememorando a infancia dos avós

O Concello de Tomiño da o pistoletazo de saída esta fin de semana ao ‘Mes do amor’, un novo ciclo cultural que levará que encherá as tardes das fins de semana de novembro cun amplo programa de propostas diferentes e atractivas para todos os públicos.

Aviso de cortes de tráfico no barrio Cova Terreña de Baiona

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Baiona informa do corte puntual do tráfico na mañá de hoxe, día 8 de novembro, no barrio de Cova Terreña debido a uns traballos que levará a cabo a empresa da xestión sostible do Ciclo Integral da auga no municipio, Gestagua.

Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de Primaria participaron onte en “O Cine nas aulas”

Un total de 313 alumnos de 5º e 6º de Primaria de Tui participaron onte na segunda proxección deste curso do programa “O Cine nas Aulas” organizado polo Concello de Tui a través da concellería de Servizos Sociais.

O xoves 16 en Covelo charla informativa da AECC

O Concello de Covelo informa que o vindeiro xoves día 16 de novembro terá lugar a charla informativa “Contra o cancro somos só un” organizada en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Os alumnos dos centros educativos de Baiona aprenden sobre a importancia da reciclaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona está a colaborar coa Concellería de Educación, para que os máis pequenos do municipio aprendan acerca da importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente.

“Unicorn wars”, un filme de animación antibelicista, próxima entrega do Ciclo Mestre Mateo

O filme de animación “Unicorn wars”, que se emitirá este venres 10 de novembro ás 20:30 h no Centro Cultural, foi sen dúbida unha película revelación no panorama da animación española no ano 2022.

Curso formativo para persoas coidadoras de familiares con demencia en Oia

A Aula de Novas Tecnoloxías-Biblioteca do Concello de Oia acollerá a actividade “Coidados compartidos: curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neuroexenerativa”, que comezará finais de mes.

Nigrán rehabilitará o faro de Canido

O faro de Canido (Nigrán) lucirá totalmente renovado nos vindeiros meses tras décadas de abandono. O Concello de Nigrán vén de aprobar o seu proxecto de rehabilitación tras obter o visto bo da Autoridade Portuaria e realizar a pasada semana a correspondente consignación orzamentaria.

Ponteareas solicita á CHMS a limpeza do couce do río Tea para evitar novos desbordamentos

O Concello de Ponteareas solicitará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza do couce do río Tea ao longo de todo o seu percorrido para evitar que se repitan desbordamentos como o do pasado sábado.