Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Os Náufragos Teatro pon en escena este sábado na Guarda a obra “Hugo”

O Centro Cultural da Guarda acollerá este sábado 11 de novembro a función “Hugo”, a cargo da compañía Os Náufragos Teatro, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano.

Magosto e humor esta fin de semana en Redondela

Os tradicionais magostos, tan propios do outono galego, chegan no serán do sábado ás parroquias de Redondela. En Ventosela celébrase ás 17.00 horas no Centro Cultural A Miñoteira dentro da programación das festas de San Martiño.

Escolares de Mos, O Porriño e Redondela participan no ciclocross do programa Xogade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañou este xoves a preto de 1.300 escolares de Vigo, Mos, O Porriño e Redondela que participaron na saída do Cross Escolar celebrada en Zamáns no marco do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).

“Baiona lila” continúa coa súa programación esta fin de semana

"Baiona Lila" continúa esta fin de semana con dúas actividades moi interesantes no Multiúsos Mercado de Sabarís.

Novas instalacións para a ludoteca e o servizo de atención temperá do Porriño

O Porriño contará con novas instalación dirixidas directamente a prestar unha mellor atención ás familias do municipio con recursos a prol da conciliaciación e o desenvolvemento dos nenos.

Este venres proxéctase “Matria” no teatro municipal de Tui

O cinema é o protagonista esta semana na programación de outono no teatro municipal de Tui. Hoxe venres ás 21.30 horas proxectarase a película “ Matria” dirixida por Álvaro Gago.

Maxia internacional en clave de humor con Cayetano Lledó en Tomiño

Cayetano Lledó é mago, pero non soamente. Interpreta, fai malabares e, sobre todo, ilusiona e fai rir. Eses son os principais ingredientes do espectáculo co que desembarca este domingo 12 de novembro en Tomiño, ‘Maxia Deluxe’, unha proposta que acadou a curta posición na clasificación internacional no Campionato do Mundo de Maxia de Busán, en Corea do Sur.

Campamento musical en Nigrán

A Escola de Música da Agrupación Musical Santiago de Parada do Concello de Nigrán, pensando na conciliación familiar das familias do concello, fai un campamento musical para o xoves 7 de decembro no horario de 09:00 a 14:00 horas, día non lectivo nos colexios coincidindo na ponte de decembro.

Homenaxe nacional a Dorothé Schubart

O Concello de Redondela organiza este sábado 11 de novembro unha homenaxe á musicóloga Dorothé Schubart. Por un lado, cun concerto infantil baseado no seu traballo arredor do "Cancioneiro popular galego" que leva por título "Café Dorothé".

A Deputación substituirá a pasarela de madeira da estrada de Baiona a Loureza

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación das obras de reposición da pasarela de madeira que se atopa na estrada provincial que une Baiona con Loureza, na EP-2202.

Aberta a participación de Arbonadal

Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, celebrarase os días 2 e 3 de decembro na Praza do Concello.

O Trofeo Montes das Eiras de ciclocross está de aniversario

O Trofeo Montes das Eiras de Ciclocross celebra esta fin de semana os seus 25 anos de vida por todo o alto. Máis de 260 persoas participarán este sábado 11 de novembro nesta carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello e que por segundo ano consecutivo se celebrará nun escenario único en Galicia, os viñedos da adega Terras Gauda.