7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboAberta a participación de Arbonadal

    Aberta a participación de Arbonadal

    Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, celebrarase os días 2 e 3 de decembro na Praza do Concello.

    Con esta actividade pretendese promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

    As persoas, autónomos, empresas, Asociacións ou ONGS que desexen participar deberán cubrir o modelo de inscrición facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante.

    Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.

    A participación “ArboNadal” – Mercadillo Solidario de Nadal” ten carácter gratuíta. Máis información a través do correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no telefono 986 66 50 00. O prazo de presentación das solicitudes de participación remata o día 28 de novembro.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.