Luns, 18 Agosto de 2025

Comarcas

O Porriño solicita que empresas, Bispado e aseguradoras implicadas que cheguen a un acordo para arranxar a Capela do Cristo

O Concello do Porriño "agarda que o Bispado de Tui-Vigo e as empresas e aseguradoras implicadas, cheguen a un acordo para resolver as actuais diferenzas que manteñen e se poida arranxar a capela e, por conseguinte, a administración municipal sexa quen de reabrir o parque e a zona de lecer pública do Cristo", manifestou hoxe Pedro Pereira, concelleiro responsable do Patrimonio.

Miguel Domínguez xestiona coa Xunta a dotación dun camión de emerxencias para o GES da Cañiza

O voceiro municipal do PP da Cañiza, Miguel Domínguez, emprendeu xestións coa Xunta de Galicia para que acceda á dotación dun camión de emerxencias de última xeración ao Concello ante a próxima posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), concedido polo Goberno galego ao municipio para a axeitada atención das incidencias na bisbarra da Paradanta.

Salvaterra acolle a exposición: “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”

A Casa do Conde, edificio histórico de Salvaterra de Miño, acollerá nos vindeiros días a exposición itinerante “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”, un proxecto froito da colaboración administrativa entre os municipios do baixo e alto Miño, España e Portugal.

Tomiño reformará a cuberta do Auditorio de Goián e instalará novo equipamento técnico

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de mellora no auditorio de Goián consistentes na mellora do seu equipamento e na reforma da cuberta. O edificio, remodelado no ano 2015 para habilitar os espazos necesarios para a creación da Escola de Música, será tamén intervido para adecuar as instalacións en diversos aspectos como a iluminación e o son, co fin de que poidan cubrir as necesidades actuais de uso.

Mos, concello pioneiro en entregar medidores de C02 á hostalería

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou que o Concello ven de facerlle un pedido á empresa mosense Rodavigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de restauración do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.

A Guarda esixe á “rectificación e aclaratoria” sobre unha imaxe da festa do monte que ilustraba unha información sobre o botellón

O concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, Festas e Festexos que xestiona Rafael Álvarez, vén de esixir unha "rectificación e aclaratoria" á La Voz de Galicia trala publicación dunha imaxe de tres persoas, da banda máis antigua da Festa do Monte da Guarda, facendo o ritual da xura anual, para ilustrar dita información sobre as medidas que os concellos tiñan implementado para loitar contra o "temido botellón".

O Banco Municipal de Voluntariado da Guarda celebra a súa primeira reunión

O pasado 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de persoas inscritas no Banco Municipal de Voluntariado do Concello da Guarda; unha primeira xuntanza que servía para dar a benvida e agradecer ás persoas "o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto" e, ao mesmo tempo, iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre as e os particiapantes perciben como necesarias.

‘SEA’ acorda cos concellos da Guarda e O Rosal avanzar no estudo dun polígono compartido que atraia investimentos de Galicia e Portugal

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este venres ao Concello da Guarda para abordar conxuntamente co alcalde da localidade, Antonio Lomba e a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández Callís, a posibilidade de retomar o estudo sobre un polígono industrial compartido entre ambos os Concellos que sirva de revulsivo económico á zona e permita atraer investimentos tanto de Galicia como do norte de Portugal.

Manifesto Miñor denuncia o recheo da canteira no lugar de Penide en Prado (Morgadáns)

Manifesto Miñor vén de denunciar o recheo dunha canteira existente no barrio de Prado, na parroquia de Morgadáns, explotación que "levaba varios anos durmida". Segundo MM, logo de ter recibido numerosas queixas veciñais, comprobaron que no anteditor barrio de Prado, no lugar de Penide, estaba a desenvolverse "unha actividade intensiva co obxecto de selar a canteira; tan intensiva como o movemento de varios camións de grande tonelaxe, así como a pa excavadora achanzando a terra e soterrando os entullos de todo tipo que ían deitando os citados camións.

A Deputación adxudica a mellora da mobilidade peonil na estrada Tabagón-Goián no concello do Rosal

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a primeira fase das esperadas obras de mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal con Tomiño, que contan cun orzamento de preto de 650.000 euros e cun prazo de execución de dez meses. O proxecto está enmarcado no modelo de mobilidade sostible, amable e segura que se está a levar a cabo nas estradas provinciais.

O Concello de Tui destina case 240 mil á segunda liña de axudas Reactiva Tui

O Concello de Tui destina 238.686,86 euros á segunda liña de axudas Reactiva Tui dirixida a persoas autónomas e microempresas do Concello de Tui. Deste total 190 mil euros están financiados con fondos propios e 48.686,886 a través da cantidade adicional da liña 2 do Plan Concellos da Deputación.

Ponteareas asina o convenio para a mellora e mantemento do espazo público e xardíns de Covitea

A concelleira socialista de Vías e Obras, Chus Garrote, deu a coñecer que o pasado martes 13 de abril tivo lugar a sinatura do convenio entre o Concello de Ponteareas e a Comunidade de Propietarios na zona de Avenida Castelao, volta con rúa dos Amieiros e rúa das Lavandeiras, co obxecto de regular os dereitos e obrigas de ambas partes nos terreos ofertados pola Cooperativa Covitea, un espazo que agora pasará a ser de uso público.