Luns, 18 Agosto de 2025

Comarcas

O Concello de Nigrán aumentará o contrato do Servizo de Axuda no Fogar para poder duplicar o número de beneficiarios

O goberno de Nigrán presentará no pleno ordinario de abril o novo prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación do ‘Servizo de Axuda no Fogar’ (actualmente prorrogado) aumentando a licitación de 165.000 €/anuais a 580.000 € e primando a calidade sobre a oferta económica.

Arbo adhírese ao convenio da Xunta para conceder axudas á hostalería local

O Concello de Arbo vén de adherirse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para incrementar as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da administración autonómica. Este convenio supón que o Concello complementará, con fondos procedentes das arcas municipais, as achegas autonómicas concedidas. Deste xeito concederá outros 1.000 euros máis por cada local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas pola Xunta.

A Concellaría de Vías e Obras de Ponteareas inviste máis de 33.000 euros no asfaltado dunha vía en Cristiñade

A concellaría de Vías, Obras e Iluminación, que dirixe Chus Garrote, vén de rematar a mellora dunha pista municipal na parroquia de Cristiñade, unha actuación na que se investiron 33.120,59 euros e que permite reparar unha vía que presentaba un pavimento extremadamente deteriorado e cuxa reparación fora solicitada pola veciñanza, petición atendida agora pola concellería que xestioina a concelleira socialista.

As Neves e Ponteareas desenvolven o terceiro obradoiro de emprego ‘Coidar de nós’

Os concellos de Ponteareas e As Neves están levando a cabo conxuntamente unha nova edición dun obradoiro de emprego 'Coidar de nós' que consta de dúas áreas, a de traballo socio-sanitario e a de traballo forestal.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a unha nova concentración o 21 de abril

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á participación de toda a veciñanza nunha concentración que se realizará o próximo mércores 21 de abril ás 20 horas na Praza Avelino Vicente da Guarda. Esta concentación forma parte das que as distintas plataformas integradas en SOS sanidade pública realizarán en distintas vilas e cidades galegas "para esixir da Xunta de Galiza a recuperación do sistema sanitario público galego trala pandemia da COVID-19".

EU-Son O Porriño presenta unha moción para establecer un Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade das canteiras en Budiño

O Grupo Municipal de EU-Son no Porriño deu conta da presentación dunha moción encamiñada a que o Concello do Porriño inste á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño artellando, de ser o caso, os cambios normativos precisos para acadalo.

V Semana das Ciencias, ponte entre o alumnado ponteareán e as persoas vinculadas as ciencias das universidades galegas

“Unha vez máis o alumnado dos nosos centros educativos e o seu profesorado superou as expectativas amosando un amplo interés pola ciencia, realizando traballos de complexidade e calidade e participando nas distintas conferencias ofertadas”, adianta a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández Davila ao facer un primeiro balance da Semana das Ciencias

As augas de Cabo Silleiro acolleron o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona

Baiona acolleu o pasado sábado 17 de abril o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona. Un evento organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, coa colaboración do Concello anfitrión, que reuniu a numerosos deportistas en augas de Cabo Silleiro.

Aberto o prazo de alegacións para presentar reclamacións sobre o Inventario Municipal de Bens e Dereitos de Salvaterra de Miño

O pasado xoves 15 de abril publicouse, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra. Neste Inventario recóllense, entre outros, a definición de camiños públicos e bens municipais, e polo tanto ábrese un prazo de dous meses, que rematarán o 16 de xuño, para presentar as alegacións ao mesmo.

Este domingo no Rosal maxia e letras co Mago Teto para ilusionar e divulgar en galego

Nova actuación esta fin de semana para toda a familia ao abeiro da programación especial organizada polo Concello para este abril, mes do libro no Rosal, co que se busca conmemorar o Día do Libro que se celebra o vindeiro día 23 ao tempo que se convida á veciñanza de todas as idades a desfrutar da lectura e da literatura de moitas formas diferentes.

Tomiño presenta a nova edición de O Siñor Afranio, a obra que recolle a fuxida de Antón Alonso Ríos

Este sábado tivo lugar no Mercado de Tomiño a presentación da terceira edición do libro O Siñor Afranio, a obra que narra as memorias do político e líder agrarista Antón Alonso Ríos como fuxido das forzas sublevadas en 1936, un periplo de máis de dous anos no que percorre o sur de Galicia facéndose pasar por esmoleiro ata lograr chegar a Bos Aires.

A Xunta licita obras de mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400 do Porriño, Salceda, Salvaterra e As Neves

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora do firme nas estradas PO-510 e PO-400, ao seu paso polos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros.