Domingo, 3 Agosto de 2025

Comarcas

A Guarda avanza no seu Plan de Compostaxe Municipal

O Plan de Compostaxe do Concello da Guarda da esta semana un paso máis co inicio da colaboración entre a mestra composteira e a Asociación San Xerome Emiliani.

A Cañiza acolle unha charla formativa sobre o Dano Cerebral Adquirido a cargo de persoal de Fegadace

O Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu, na mañá, de hoxe unha xornada sobre o Dano Cerebral adquirido. A actividade, presentada polo alcalde Luis Piña, correu a cargo de persoal Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral) co obxectivo de obxectivo informar sobre esta enfermidade, as causas e factores que a producen, recoñecer os síntomas, como actuar ante un Ictus, as secuelas que pode deixar e, sobre todo, cáles son os recursos dos que podemos dispor en caso de padecer esta enfermidade.

En exposición pública a numeración das parroquias de Salceda de Caselas

Ata o vindeiro xoves 27 de maio permanecerá en exposición pública a nova numeración das parroquias de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno.

A pandemia acrecenta a demanda de cursos na Aula CeMit de Tomiño

A pandemia por coronavirus parece haber influído de maneira significativa na demanda de cursos e outras accións formativas na Aula CeMit de Tomiño, situada no coñecido coma Campo da Feira.

A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente

O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, ven de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.

Mos mellora o último tramo pendente da Estrada Generoso Domínguez

Onte comenzaron os traballos da obra de mellora da seguridade viaria na Estrada Generoso Domínguez ata cruce baixada á Picota, que se atopa incluída no Plan de Infraestruturas Rurais 2020 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Nigrán duplica o número de prazas para o Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón

O Concello de Nigrán ven de duplicar o número de prazas para o Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón, xestionado por Afaga, ante a constatación de que o confinamento e as medidas de distanciamento social teñen acelerado o proceso de deteriorio cognitivo para moitas persoas

SOS Fonte de Troncoso píde ao Concello de Mondariz Balneario e á Xunta que eviten o derrubo do histórico ‘Chalé Villa Flora’

SOS Fonte de Troncoso, plataforma que comezou cunha actuación cinguida á Fonte de Troncoso propiamente dita reclamar, insistentemente, a recuperación deste elemento patrimonial do Balneario, pon o foco de atención sobre outro elemento catalogado que está a piques de derrubarse: o coñecido como Chalé Villa Flora.

O Club Balonmán Caselas obtén una praza na “Final Four”

Despois de finalizar primeiros primeiros de grupo, o Club Balonmán Caselas tivo que enfrontarse a unha fase de grupos para poder alcanzar a súa meta final, participar na "Final Four".

A réplica do petróglifo de Auga dos Cebros chega a Oia

A réplica do singular petróglifo de Auga dos Cebros, elaborada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, vén de chegar a Oia, onde quedará exposta no interior do Centro Sociocultural de Pedornes.

A Guarda realiza unha nova pavimentación na Praza de San Bieito

O Concello da Guarda realizou esta semana as tarefas de reposición da capa de rodadura da Praza de San Bieito no casco urbano, unha praza cunha alta densidade de vehículos debido ao seu uso como zona de estacionamento pola a existencia nos seus arredores de establecementos comerciais e equipamentos coma o Centro da Terceira Idade, Farmacia, Auditorio de San Bieito, Praza de Abastos, entre outros.

Gonzalo Caballero destaca o traballo do Goberno de España no proceso de reforma da seguridad viaria na N-120 en Ponteareas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte a súa vila natal, Ponteareas, para manter unha xuntanza con responsables socialistas na bisbarra do Condado, como o alcalde de A Cañiza, a tenente alcalde de Ponteareas, o tenente alcalde de Mondariz e os voceiros socialistas de Salvaterra e Crecente, entre outros.