Luns, 4 Agosto de 2025

Comarcas

O Obradoiro Fernando Monroy actualiza os elementos patrimoniais de Cesantes

O Obradoiro Fernando Monroy presenta este sábado no CEIP Outeiro das Penas de Cesantes ás 18:00 horas o libro 'Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes'. Esta publicación é unha revisión e actualización da primeira que realizou o colectivo.

Comezan os traballos de reparación da xunta de dilatación da pila sur da Ponte de Rande

Esta fin de semana realizaranse os traballos de mantemento programado na ponte de Rande (autoestrada AP-9), consistentes na substitución dunha xunta de dilatación do taboleiro central da ponte á altura da pila Sur, afectando o carril dereito en sentido Vigo.

Oia avanza para ter un escudo propio

O Concello de Oia acolleu o mércores unha reunión para avanzar no proceso de definición dun escudo e bandeira oficiais do municipio. A finalidade desta reunión era aclarar dúbidas, tratar as dúas propostas presentadas por veciños, unha nova proposta elaborada polo Concello.

Comeza en Mosende o “Ciclo de Música Medieval en Camiño”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval a realizárense nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal.

O Rosal reparte 1.000 bolsas de tea co gallo do mes das letras

O Rosal repartirá entre a veciñanza 1.000 bolsas de tea co lema ‘A lingua é fonte vella da que mana auga fresca’, impreso xunto co debuxo dunhas pingas de auga e o novo logo do Concello.

O Concello pide á Xunta unha rectificación das declaracións nas que culpa ao Goberno local de “non interesarse” polo convenio para a reforma da...

O Concello de Redondela pedirá, a través dunha moción presentada polo Grupo Muncipal Socialista, que “a Xunta de Galicia proceda a desmentir as afirmacións escritas nas súas misivas acusando a este Goberno de non interesarse nin realizar os trámites necesarios” para continuar coa sinatura do convenio de reforma da Avenida Mendiño.

Ponteareas recoñece o avance da Xunta nas súas obrigas co CEIP Fermín Bouza Brey

A alcaldesa de Ponteareas en funcións, Cristina Fdez. Davila, recibiu na mañá do martes no CEIP Fermín Bouza Brey ao delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, e ao xefe territorial de Educación, César Perez, quen informaron das intencións da administración autonómica para o cambio da cuberta do edificio principal desta instalación e do seu ximnasio.

O alcalde da Guarda recibe ás subcampionas da Liga Guerreras Iberdrola

O mércores 19 de maio o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a recepción oficial ás xogadoras, equipo técnico e directiva do Atl. Guardés por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes.

O alcalde de Baiona agradece o labor do persoal sanitario

"Cada 19 de maio, a totalidade de profesionais que conforman a especialidade da Medicina Familiar e Comunitaria celebran o Día Mundial da especialidade. Como alcalde do Concello de Baiona considero que é un día para reivindicar o papel vertebrador desta especialidade en calquera sistema de saúde moderno", declara o rexedor.

Mos sela a colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación Galega de Familias de Acollida “ACOUGO”, Rebeca Pereira Ferrón, asinaron, no salón de sesión do Concello, un convenio de colaboración mutua entre ambas entidades.

Nigrán homenaxea á escritora Rosalía de Castro cun gran mural

O Concello de Nigrán ven de estrear un gran mural sobre Rosalía de Castro na praza que leva o seu nome obra do grafiteiro miñorano Daniel Fernández ‘Dani Seek’. Con esta iniciativa, encadrada na programación do mes das Letras Galegas, o goberno local desexa vincular de verdade á praza co propio nome que homenaxea.

Redondela pon en valor a riqueza natural e biolóxica da Rede Natura 2000

Con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxia e o Día Europeo da Rede Natura 2000, o Concello de Redondela, a través da Concelleríai de Medio Ambiente, ofrecerá un completo programa de actividades para por en valor a gran riqueza natural da enseada de San simón.