Uxía Lambona e a Banda Molona chega en concerto ao Auditorio de Goián o domingo 23 de maio, ás seis da tarde e con todas as medidas de seguridade para previr posibles contaxios.
O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.
O Concello de Ponteareas aprobou na Xunta de Goberno Local o proxecto de recuperación do terreiro de Moreira, a explanada nas proximidades da igrexa parroquial, utilizada tradicionalmente como lugar de reunión e de esparexemento da veciñanza da parroquia, e lugar de celebración da súa festa principal, que presenta na actualidade unha gran degradación.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona informa que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas en campamentos específicos para persoas con discapacidade entre 11 e 45 anos.
Logo de ter suspendida o pasado ano por mor do confinamento provocado pola pandemia da COVID-19, o CEIP Bouza Brey de Ponteareas recuperou unha das súas actividades tradicionais e das que máis gustan ao alumnado: a xornada de xogos tradicionais.
Esta fin de semana O Rosal acolle a última das actividades culturais organizadas para este mes de maio, un emocionante e emocional espectáculo de palabras cruzadas entre Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez, Guti.
As instalacións dos novos sistemas de iluminación teñen como finalidade mellorar a súa eficiencia enerxética, substituíndo as existentes por outras que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuosa co medio ambiente.
O Concello de Nigrán destinará 60.000 € do remanente de tesourería á ampliazón do departamento de Servizos Sociais mediante a contratación por un ano dun novo traballador/a social e un auxiliar administrativo/a.
A Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle a mostra 'Inventio Mundi', unha exposición organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración que permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos.
Baixo o nome ‘de Monumento a Monumento’, o próximo 5 de xuño, celebrarase unha andaina que, saíndo as 10 da mañá do Mosteiro de Oia, percorrerá os 12,5 Kms pola costa que o separan do Montiño, na Guarda. O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que, na súa orixe, motivou as persoas que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos: poñer en valor estes tesouros nacionais.
O novo pavillón deportivo de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Balonmán na que os equipos senior masculino do club Balonmán Tui, o BM Lucus parrillada Abel, o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela buscarán o ascenso a Primeira Autonómica.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse onte na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, co xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González; co cefe da Unidade de Estradas en Pontevedra, Pablo Domínguez e coa subdelegada do Goberno, Mayca Larriba, a fin de transmitirlles a súa preocupación polo estado da N-120 ao seu paso polo termo municipal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.