Venres, 8 Agosto de 2025

Comarcas

Vendida unha parcela municipal do Porriño á empresa Iberembal

Eva García, alcaldesa do Porriño, firmou esta pasada semana con Enrique Mastral, director xeral da empresa “MassilIy Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.

O Pleno da Cañiza aproba inicialmente a ordenanza reguladora da venda ambulante no concello

O Pleno do Concello da Cañiza celebrado este pasado xoves, 27 de maio, acordou a aprobación e modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante na no municipio. Asi mesmo o Pleno deu luz verde a nova ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, inexistente ata o de agora; á modificación da ordenanza da taxa do lixo e da ordenanza fiscal do servizo da Escola Infantil da cañiza.

Un centenar de pilotos competirán este domingo no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade

Máis dun centenar de piloto participará este domingo, 30 de maio, no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade, organizado polo Motoclub Randufe e o Motoclub A Peroxa.

Nenos e nenas da Guarda convidados a participar en “A flote en Igualdade”

O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade do Concello da Guarda programan para a tarde do xoves 3 de xuño unha acción que consistirá nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar fundíndonos.

A Xunta sela con Gondomar e Baiona acordos para reducir o risco de inundacións

A Xunta selou cos Concellos de Gondomar e de Baiona os acordos para investir 3,25 millóns de euros na redución do risco de inundacións nestes dous municipios e pídelle ao Concello de Vigo que recapacite e coopere co Goberno galego asinando o convenio correspondente para minimizar o risco e as consecuencias das inundacións no río Lagares.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres 4 e sábado 5 de xuño. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 4 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 5 de 10:00h ás 15:00 horas.

A Xunta anuncia a ampliación do IES Pedro Floriani de Redondela

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez...

Mos asina un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

A presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, veñen de asinar no salón de sesións do Concello, o convenio de colaboración entre a asociación e a administración local.

Concello de Redondela e Sociedade Labrego Cultural de Reboreda inician unha campaña de concienciación sobre os lumes

Dende o xoves 27 de maio, o local da Cultural de Reboreda loce na fachada de cristal unha composición gráfica, en vinilo translúcido, que...

Os viais das parroquias ponteareás de Fozara e Paredes serán obxecto de obras de mellora

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, dirixida pola socialista Chus Garrote, continúa a traballar na mellora das condicións dos viais das parroquias para mellorar as súas condicións de seguridade e mellorar a mobilidade das veciñas e veciños.

ADIF agarda suprimir o paso a nivel do Porriño con fondos “Next Generation” da UE

ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan.