Xoves, 12 Xuño de 2025

Comarcas

Volve o Festival de Cans ao Porriño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu a presentación da 18ª edición do Festival de Cans, onde defendeu o interese estratéxico destes eventos para o sector, así como para as localidades e comarcas nas que se celebran.

Tomiño suma un segundo mestre composteiro no marco do Revitaliza

O Concello de Tomiño vén de contratar un segundo mestre composteiro no marco do Revitaliza, financiado pola Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda recibe a Arcos e a Prades despois da súa participación nos JJOO de Tokio

Na mañá do mércores día 18 de agosto de 2021, o Concello da Guarda realizou unha recepción oficial a Paula Arcos e a Ignacio Prades despois da súa participación nos pasados JJOO de Tokio.

María Xosé Porteiro presentará “Sándalo” no Museo Municipal de Ponteareas

O Museo Municipal de Ponteareas acollerá, o vindeiro venres ás 19.00 horas, a presentación da novela “Sándalo” de María Xosé Porteiro, publicada por Editorial Galaxia. A escritora, política e xornalista falará dunha obra coa que percorre 200 anos de historia entre Europa e América, Cuba e Galicia, emigración e inmigración.

O documental sobre a tradición cesteira de Mondariz comeza a súa xira en Verín

O documental, enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, está producido pola compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.

Mondariz e Nigrán impulsan o deporte e a cultura grazas á Deputación

A Deputación de Pontevedra non cesa a súa aposta polas industrias creativas e o deporte. Co obxectivo de facer chegar a súa programación cultural e deportiva a todos os recunchos da provincia e democratizar así as actividades lúdicas, o ente provincial ten programadas ata 10 actividades en 9 concellos do territorio para esta terceira fin de semana de agosto.

Manuel Budiño estará este sábado no festival Chandefolk en Nigrán

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk ao emblemático gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que ofrecerá este sábado 21 de agosto ás 22:00 horas no merendeiro de Chans de Rapadouro de Chandebrito (xunto ao campo de futbol) un concerto no que cobrará especial protagonismo o seu derradeiro disco 'Fulgor', pero tamén repasará o seu primeiro traballo Paralaia, gravado no 1997.

O Pazo dos Marqueses de Mos convértese en escenario de danza

O Pazo dos Marqueses de Mos convértese este venres, día 20, en escenario co programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio. Así, a partir das 20:00 horas representaranse os espectáculos Coreografías dun DeMente, de Fran Sieira Compañía de Danza, Stay, de Can Cun Quinqué, Intempestiva, de Elahood e Nasenda de Elvi Balboa.

As DepoAndainas chegan este domingo á senda do río Tea en Mondariz

Volven as DepoAndainas pola provincia de Pontevedra. A Deputación porá en marcha este próximo domingo, 22 de agosto, a terceira destas rutas gratuítas programadas para este verán, coas que a institución provincial quere fomentar o deporte e os hábitos saudables ao tempo que dá a coñecer á cidadanía a contorna natural e cultural da provincia.

Hoxe sairán as entradas ás 16:00 horas para o concerto de Xoel López

O Concello de Mos informa de que hoxe, xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde sairán á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos, con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, que finalizará no Castro de Herville o vindeiro 4 de setembro.

Rosalía de Castro chega, a través do teatro, a Ponteareas, Redondela, O Rosal e A Cañiza grazas á Deputación

O departamento de Lingua da Deputación vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.

O Club de Fútbol Cañiza conmemora os seus 50 anos de Historia

O Club de Fútbol Cañiza celebrou as súas Vodas de Ouro, esta pasada fin de semana, nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Luis Piña, así como todas as persoas que formaron parte deste gran Equipo durante este medio século.