O Museo Municipal de Ponteareas acollerá, o vindeiro venres ás 19.00 horas, a presentación da novela “Sándalo” de María Xosé Porteiro, publicada por Editorial Galaxia. A escritora, política e xornalista falará dunha obra coa que percorre 200 anos de historia entre Europa e América, Cuba e Galicia, emigración e inmigración.
A novela arranca en 1823 ca execución do comandante Rafael del Riego, protagonista da sublevación de 1820. A partir de aí empezar a mesturar historias relacionadas cas guerras de independencia e cambios sociais que suceden ao mesmo tempo en Galicia e Cuba. Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo.
A actividade está organiza por Si Radio e a Biblioteca Municipal. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “convida a toda a veciñanza a asistir”, e lembra que para participar neste evento é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 ou a través do enderezo electrónico [email protected].