22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránManuel Budiño estará este sábado no festival Chandefolk en Nigrán

    Manuel Budiño estará este sábado no festival Chandefolk en Nigrán

    As mochilas vibratorias do Concello estarán a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675

    O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk ao emblemático gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que ofrecerá este sábado 21 de agosto ás 22:00 horas no merendeiro de Chans de Rapadouro de Chandebrito (xunto ao campo de futbol) un concerto no que cobrará especial protagonismo o seu derradeiro disco ‘Fulgor’, pero tamén repasará o seu primeiro traballo Paralaia, gravado no 1997. O espectáculo, co que colabora a Asociación de Veciños, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia, forma parte do programa Musigal da Deputación de Pontevedra de promoción e difusión de música galega e conta tamén co apoio económico da Deputación de Pontevedra a través da da Liña 2 do Plan Concellos. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias, ademais das medidas dirixidas a cumplir co protocolo Covid-19  (excepcionalmente e por este motivo, non se realizará a clásica observación das perseidas posterior). As mochilas vibratorias do Concello estarán a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675 (precisamente, estas mochilas foron estreadas no Chandefolk 2019 con Roi Casal).

    “O ano pasado recibimos a Milladoiro e este ano ao grandísimo Budiño, ambos historia viva da nosa música, sen dúbida Chandefolk é xa un referente do folk en toda Galicia”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca o “máxica e íntima” que resulta a ubicación en Chandebrito, “a simbiose é perfecta”.

    “Coñecemos este festival e tiñamos moitas ganas de acudir, a ubicación é preciosa e a nosa vinculación emocional con esta parroquia que sufríu duramente os incendios de 2017 tamén o é”, sinala o gaiteiro internacional, recoñecido como un dos máis vangardistas na historia do folk galego. Para esta ocasión Budiño contará como convidado especial no Chandefolk co afamado guitarrista Antonio Casado (membro da banda internacional de Pedro Abrunhosa). Ademais, o acompañarán no escenario os seus músicos habituais: Fran Sanz ao baixo, Brais Morán á guitarra, Cibrán Seixo ao violín e Marcos Pazo á batería.

    ‘Fulgor’ é un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigamento e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo. Ven armado de grandes letras de poetas (Antía Otero), de cantautores (Xoel López e Vega) e do propio Budiño, que foi quen de levalas ao seu universo. Budiño soubo rodearse neste Fulgor de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronteirizo de Jairo  Zavala ou o  sotaque luso africano de  Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e ” Bos Amores”.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS