Luns, 9 Xuño de 2025

Comarcas

O mosense Anxo Martínez Rojo presenta na casa a súa curta ‘Aqueles días de agosto’

O mosense Anxo Martínez Rojo presentará no seu municipio natal, o concello de Mos, a súa curtametraxe ‘Aqueles días de agosto’, que se proxectará previamente ao film ‘María Solinha’.

O ciclismo volverá rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias

As bicicletas volverán rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias, que se levará a cabo o vindeiro sábado 28 de agosto en Tabagón. Máis dun centenar de deportistas das categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, e cadetes, competirán nunha proba federada de “relevancia no Circuíto Galego”.

O Concello de Nigrán recupera o festival ‘Rock in Patos’ este sábado 28 de agosto

O Concello de Nigrán recupera este sábado 28 de agosto con 'Family Folks' e a banda tributo a Leño 'El tren' o seu senlleiro festival 'Rock in Patos' (o ano pasado foi cancelado ante o incremento de casos Covid-19).

O II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho chegou a pasada fin de semana

A pasada semana celebrouse o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que unha vez máis constituíuse coma un espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita.

Gondomar estrea o maior parque lúdico canino da provincia grazas á Deputación

O Concello da Gondomar vén de gañar un novo espazo público para o lecer canino e o descanso e esparexemento de viandantes, unha obra financiada cunha achega da Deputación de preto de 85.000 euros ao abeiro do Plan Concellos.

O programa “Fai clic ao teu bocata” chega a Arbo

Os nenos participantes do campamento de verán do Concello de Arbo, degustaron unha deliciosa merenda a media mañá, mentres descubrían canta variedade e calidade ofrece o noso mar.

Éxito na concentración do domingo da Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño convocou, este pasado domingo ás 12:30 horas, na praza de Santa María de Tebra, a toda a veciñanza para intentar darlle as máximas faciidades achegándose ás parroquias.

O Salón de Plenos da Cañiza acolle a exposición dos 50 anos do C.F. Cañiza

O pasado sábado 14 de agosto, o Clube Fútbol Cañiza celebrou, na Praza Maior, o Acto Conmemorativo do seu 50 Aniversario. Un acto no que se rendeu un emotivo homenaxe a todas as persoas que formaron parte do Cañiza durante este medio século de vida.

Redondela inicia o proceso de licitación da obra de reforma integral das antigas dependencias do Conservatorio de Música

O Concello de Redondela iniciará os trámites para a licitación da obra de remodelación e rehabilitación das antigas dependencias do Conservatorio de Música, unha vez recibida a correspondente autorización da Xunta de Galicia, necesaria ao tratarse dun inmoble enclavado no Camiño de Santiago ao seu paso pola vila redondelá.

O Concello de Oia informa do horario do Servizo de Transporte ao IES A Sangriña

O Concello de Oia informa dos horarios do servizo de transporte ao IES A Sangriña (A Guarda), que funcionarán no vindeiro curso escolar 2021-2022.

Nigrán ofrece o concerto de A Roda na festividade de San Roque de Camos

O Concello de Nigrán ofrece o concerto de A Roda na festividade de San Roque de Camos (24 de agosto) xunto a un show infantil e a Banda de Música do Val Miñor a través do seu programa municipal #MúsicaNasParroquias.

O Concello da Guarda organiza a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro O Piueiro”

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro O Piueiro en 2019, esta embarcación típica de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.