O pasado sábado 14 de agosto, o Clube Fútbol Cañiza celebrou, na Praza Maior, o Acto Conmemorativo do seu 50 Aniversario. Un acto no que se rendeu un emotivo homenaxe a todas as persoas que formaron parte do Cañiza durante este medio século de vida: dende o ano 1971, ano no que se federou o Equipo ata este 2021, un ano Covid que quedará marcado na súa historia.
Pero o fútbol na Cañiza comezou moito antes, case 35 anos antes de que se federase. Pois os xornais dos anos 30 do século XX xa publicaban notas sobre as seus encontros deportivos.
O alcalde, Luis Piña, da man do presidente de Honra, Carlos Mera, e da nova presidenta do Clube, Mónica Paz, tivo a oportunidade de coñecer algunhas das anécdotas asociadas a este gran equipo: triunfos e trofeos, ascensos, derrotas, xogadores, directivas, equipacións, publicacións así como gran cantidade de artigos que documentan a Historia con mayúsculas do Cañiza. Todo isto recopilado nunha completa exposición que estará aberta ata o 30 de agosto.
Unha historia da que xa hai indicios no ano 1927, nas hemerotecas, e que falan dos encontros disputados no verán cos equipos de Ribadavia, Arbo, Cortegada…
[su_image_carousel source=”media: 43543,43542″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
A finais dos anos 60 empeza a xerminar a idea de federar o equipo e o 20 de outubro de 1970, nunha reunión celebrada no Concello, créase unha Xunta Xestora encargada de tramitar o papeleo. Esta xestora estará formada por Carlos Raimundo Mera Rodríguez como presidente, Antonio Alves Iglesias coma vicepresidente, Leoncio Bacelar Queimadelos coma Secretario e César Mera González coma tesoreiro.
Redactados os estatutos, en marzo do ano 71 celebrarase a primeira asamblea do clube, da que sairá a primeira xunta directiva, na que repiten os integrantes da xestora, ca salvedade de que Carlos Mera será vicepresidente e Antonio Alves será o primeiro presidente do equipo.
O 14 de setembro de 1971, recíbese a confirmación para poder participar en competicións da Federación Territorial Galega de Fútbol, concretamente en 2ª Comarcal. Nesta tempada 71/72 empezarán a competir. Nesta primeira tempada clasificáronse co 5º posto. A partires de aquí xogarían ininterrompidamente durante 50 anos, ca excepción da 20/21 por culpa da pandemia da COVID 19.
Militaron en terceira, segunda e tamén en primeira autonómica á que chegaron na tempada 86 – 87 e na que permaneceron 3 anos máis, concantenando despois unha serie de ascensos e descensos entre segunda e terceira ata o derradeiro ascenso logrado na tempada 19 – 20. Así chegaron ata o ano 2021, no que como broche de ouro a toda esta historia, se fusionan co ADECA (Asociación Deportiva Cañiza) C.F.