Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Case rematada a obra de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta os traballos de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo, e representantes da empresa constructora.

Mañá sábado celébrase o concerto de Nadal da Eurocidade “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença brindarán este sábado, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui o espectáculo musical “Nadal de Cristal”.

Ponteareas recuperará o espazo público da Avenida Constitución grazas á Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, asinaron un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con case 700.000 euros, o 75 % do orzamento, os traballos para a mellora da mobilidade e recuperación de espazos públicos na Avenida da Constitución.

A Asociación de Empresarios de Redondela lanza unha campaña de eco-packaging

Desde a Asociación de Empresarios de Redondela lembran que mentres as grandes superficies están a cobrar á clientela tanto por bolsas como por sobres de agasallo, os pequenos comercios seguen ofrecendo o servizo de empaquetado de forma gratuíta.

Unha viaxe para experimentar a realidade dos campamentos saharauís

O Rosal xa está de volta tras a súa primeira visita aos campamentos saharauís de Tindouf, en Arxelia.

Visita ao xacemento arqueolóxico dos Castros a cargo da Asociación Cultural Divulgatea

O vindeiro luns día 18 de decembro, a Asociación Cultural Divulgatea, organizará unha visita ao xacemento arqueolóxico dos Castros, situado na parroquia de Soutolobre-Lourido, no Concello de Salvaterra.

Unha trintena de establecementos de Tomiño participan na Ruta Nadal + Nadal

Arredor dunha trintena de establecementos de Tomiño forman xa parte da Ruta Nadal + Nadal, unha nova edición da campaña organizada polo Concello co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e promover o consumo nos establecementos locais especial nunha das épocas do ano con maior índice de vendas.

A canción do Nadal 2023 nace no Porriño

O grupo Xeración M vén de proclamarse gañador do concurso “Este Nadal canta con nós” da CRTVG e con tal motivo foi recibido no Concello do Porriño.

Nigrán ofrece este sábado un contacontos en inglés

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de Nadal, ofrece o sábado 16 de decembro no Auditorio Municipal o contacontos en inglés 'Santa´s Elves', a cargo de Kids&U e con dous pases, matinal ás 11:00 horas e vespertino ás 17:00 horas.

As Neves celebra o Nadal por todo o alto

O Concello das Neves vén de presentar a súa ampla programación de Nadal 2023-2024, que conta cunha vintena de actividades e que ten, como principais novidades, a recuperación da presenza de Papá Noel, unha Festa de Pre-Fin de Ano e a visita dun pasarrúas cos Reis Magos por todas as parroquias deste municipio do Condado.

Diversión asegura este sábado na Guarda

Este sábado, no centro cultural da Guarda ás 18 horas, remata a programación do Outono Teatral da man do espectáculo infantil de humor e clown Abracadáver.

Nigrán ofrece este sábado o concerto de Nadal da Coral Novos Aires

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 16 de decembro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de Nadal da Coral Novos Aires de Nigrán e do grupo de cordas e voz Son do Val.