Domingo, 8 Xuño de 2025

Comarcas

As obras para arranxar o tellado do pavillón municipal da Cañiza xa están en marcha

O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, informou na mañá de onte que a pesares do mal tempo, as obras avanzan para rematar nas datas sinaladas no convenio asinado coa Xunta de Galicia para reparar a cuberta desta instalación municipal e comprar 123 colectores para a recollida de RSU por un importe de 70.296.96 €.

Aberto o prazo para solicitar as subvencións para agrupacións e clubs deportivos de Ponteareas

Xa está aberto o prazo para tramitar as subvencións para agrupacións e clubes deportivos sen ánimo de lucro que cada ano concede o Concello de Ponteareas.

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico [email protected].

O XXII Cros Escolar do Val Miñor mantén a inscrición aberta ata o vindeiro 15 de decembro

O domingo 19 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario no que se dispute o XXII Cros Escolar do Val Miñor, proba que abrangue dende a categoría chupete ata a xuvenil e que farán saídas escalonadas.

O alcalde da Guarda amosa a súa sorpresa ante o comunicado da directiva do Atl. Guardés

Tendo en conta a relación cordial que ven mantendo o concello coa directiva do club resulta unha sorpresa este comunicado cheo de descualificacións e xuízos de valor que non expresan en absoluto nin a realidade do proxecto, nin o ton dos contactos e reunións que se veñen mantendo entre club e concello.

Continúa aberta a inscrición para a charla sobre a pegada das novas tecnoloxías na mocidade organizada polo Concello e Érguete

A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan, o vindeiro martes 14 ás 18.30 horas no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, unha charla sobre A pegada das TRIC na adolescencia.

A San Silvestre tomará de novo a Praza Maior de Ponteareas o último día do ano

Un ano máis a carreira solidaria San Silvestre tomará Ponteareas. O vindeiro 31 de decembro os veciños poderán achegarse ata a Praza Maior para gozar dunha nova edición desta proba na que se poderá gozar en familia.

O CEIP da Cruz de Nigrán galardoado no concurso ‘Pilabot’

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, convidou hoxe aos centros escolares da área territorial a seguir o exemplo marcado polo CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado na última edición do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’.

Oia suma un novo veciño centenario

Oia conta desde esta semana cun novo veciño centenario. Trátase de José Miranda Treinta, coñecido no municipio como “Pepe, o Zapateiro”, quen cumpriu os 100 anos gozando de boa saúde e da compaña da súa familia.

Nigrán ofrece o filme-concerto ‘Piratas e sereias, ostras e baleias’ entre a Space Ensemble portuguesa e o alumnado da Escola de Música Gain Over...

O Concello de Nigrán ofrece este domigo 12 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o filme-concerto colaborativo ‘Piratas e sereias, ostras e baleias’ entre a Space Ensemble portuguesa e o alumnado da Escola de Música Gain Over de Nigrán grazas ao programa ‘Garantir Cultura’ do goberno de Portugal para paliar os efectos da pandemia neste sector.

A exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplíase até o 8 de xaneiro

A exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro.

Protección Civil de Ponteareas xa conta cunha nova tenda de campaña

Protección Civil de Ponteareas xa conta cunha nova tenda de campaña para os seus operativos despois de que o Concello a solicitara a través da subvención de material en concorrencia competitiva a concellos de menos de 50.000 habitantes da Xunta de Galicia.