Luns, 9 Xuño de 2025

Comarcas

Salceda presenta o seu Nadal con máis de vinte actividades para todos os públicos

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Nadal do Concello de Salceda de Caselas, e que contará con máis de 20 actividades coordinadas pola Concellería de Cultura que dirixe Alex Rodríguez Canosa, orientadas a todos os públicos mais principalmente ao público infantil.

A programación do Nadal continúa esta semana na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos

A programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.

Gondomar promove a formación en materia de igualdade entre os clubes deportivos

O goberno de Gondomar, a través da súa Concellería de Igualade, dirixida por Nuria Lameiro, da un paso máis na súa loita pola consecución da igualdade real e poñerá en marcha unha campaña de sensibilización e formación nesta materia no seo dos clubes deportivos do municipio.

O CEIP de Leirado en Salvaterra galardoado no VII Concurso de Traballos por Proxectos

O CEIP de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado, por cuarto ano consecutivo, no VII Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O Rosal comeza cos seus obradoiros de Nadal

O Concello do Rosal quere acercar a reciclaxe e a sostibilidade á veciñanza este Nadal con cinco obradoiros. O primeiro deles organízase este mércores ás 11.00 horas na escola Simón do Mazo.

O alcalde de Tui participa mañá na asemblea xeral da Red de Juderías de España – Camiño de Sefarad

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vai participar mañá mércores na cidade de León na 58ª Asemblea Xeral da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad que reunirá a representantes de dezanove cidades das vinte unha que integran esta rede de municipios.

Unha trintena de comercios forman a ruta Nadal+Nadal organizada polo Concello de Tomiño

Unha trintena de comercios de Tomiño participa na “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre”, organizada polo Concello co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e promover ao mesmo tempo o consumo nos establecementos locais.

Comezan as obras de humanización da estrada Generoso Domínguez en Mos

O Concello de Mos avanza cada vez máis de cara a unha vila más humanizada, por iso, dan comezo as obras de seguridade do vial e humanización da estrada Generoso Domínguez.

Tres mozas da Estrada e Salvaterra gañadoras do concurso da Deputación “Lebres como gacelas. Unha homenaxe a Xela Arias”

Co acto de entrega dos premios do concurso “Lebres como Gacelas. Unha homenaxe a Xela Arias”, a Deputación vén de pechar a completa programación organizada con motivo das Letras 2021.

Ponteareas premia as fotografías que poñen en valor o seu patrimonio natural

Ponteareas celebrou onte a gran beleza do seu patrimonio natural coa entrega de premios do concurso fotográfico “Pontepenedo”, un certame convocado por primeira vez polo Concello de Ponteareas a través da Concellaría de Lingua.

Salvaterra de Miño manterá conxeladas as taxas e impostos municipais

O Grupo de Goberno de Salvaterra de Miño anuncia a conxelación de todas as taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica d@s veciñ@s e comerciantes.

A Xunta formará a 20 persoas desempregadas en Tui co obraodoiro ‘Revaloriza 2021’

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, está a apostar pola formación laboral de vinte persoas desempregadas do municipio de Tui coa recente posta en marcha do obradoiro de emprego de formato dual Revaloriza Tui 2021, que conta cun investimento de 347.000 euros.