Luns, 9 Xuño de 2025

Comarcas

A ANPA do IES Illa de San Simón de Redondela denuncia “o desprezo” da inspección educativa “polas familias e a saúde do alumnado”

A ANPA 'Paulina Sánchez Otero' do IES Illa de San Simón de Redondela vén de denunciar o que cualifican de "desprezo" por parte do Servizo Territorial da Inspección Educativa, dependente da Consellería de Educación, ao obviar a preocupación de nais e pais pola imposibilidade de implantar as novas tecnoloxías correctamente co programa Edixgal e que expresaban nun escrito remitido á inspección o 25 de outubro.

Ponteareas, presente nas IV Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia

Cando se pensa nos dereitos da infancia e da adolescencia, poucas veces pénsase no dereito a participar, a ser informados, a expresar a súa opinión e a ser tidos en conta á hora de buscar solucións comúns aos asuntos que lles afectan.

Peche temporal do Albergue Municipal da Guarda

O Concello da Guarda acordou o peche do Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos e a actual situación da pandemia.

A Policía Local de Mos renova o seu parque móvil

O goberno de Nidia Arevalo leva a cabo a renovación da frota de vehículos da Policía Local de Mos coa adquisición, mediante renting, dun novo vehículo Suv Híbrido.

A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu festival de Nadal este sábado

A Agrupación Musical do Rosal encherá de música o Auditorio Municipal co seu festival de Nadal este sábado. Comezará ás 18.30 horas e será o momento para que o alumnado da escola de música, a banda infantil e máis o coro infantil poñan en práctica todo o que aprenderon durante as clases.

Concello e Comercio da Cañiza presentan a segunda campaña para reactivar o comercio local durante o Nadal

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou esta mañá a segunda iniciativa para reactivar o comercio local neste Nadal e que, ademais, leva asociado ocio e lecer para os máis pequenos. Durante os días 28, 29 e 30 de decembro o Concello instalará na Praza Maior un mini parque de atraccións infantil cunha barca, noria e carrusel. O prezo de cada atracción é de 3 € por persoa pero a compra en calquera dos establecementos da Cañiza adheridos a este programa, dará dereito a un ticket desconto de 2,00 € que poderase presentar no acceso a cada atracción, costando finalmente 1,00€ por neno.

A nova zona azul de Ponteareas facilita o aparcamento na vila

Quince días despois da entrada en funcionamento da zona azul na Avenida de Galicia e Rosalía de Castro e rúa dos Carballos, o Concello de Ponteareas avaliou positivamente a medida tras realizar unha mostraxe de ocupación destas tres rúas o venres 3 de decembro para testar a eficacia da medida implementada nos últimos días.

A Cañiza anuncia dous cursos de formación para persoas desempregadas

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou esta mañá que o Concello activa dúas novas accións formativas en colaboración con ADEC (empresa beneficiaria dunha subvención da Deputación de Pontevedra).

Oia obtén 1,5 millóns de euros para crear novas infraestruturas e oferta turística sostible

O Concello de Oia vén de conseguir un investimento de 1,5 millóns de euros destinados á creación de novas infraestruturas turísticas e á diversificación da oferta turística do municipio vinculada ao Camiño de Santiago.

Aqualia súmase á campaña ‘Este Nadal merca en Nigrán’ aportando 3.000 € en vales

A campaña de Concello de Nigrán e Ovalmi 'Este Nadal merca en Nigrán' amosa desde hoxe a súa cara máis solidaria grazas a Aqualia.

A postal de Nadal de Aitana Bernabeu Suárez de 6º de Primaria do CEIP de Caldelas gañadora do concurso de postais de Tui

A postal presentada pola alumna de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Caldelas, Aitana Bernabeu Suárez, resultou gañadora do concurso de postal de Nadal 2021 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano 2021.

Teatro en igualdade e solidario en Mos

O Grupo de teatro “Mulleres en Igualdade de Mos“ representará este domingo, día 19 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso "OS SENTIMENTOS XOGAN ÁS AGOCHADAS”.