A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, visitaron ás dúas persoas que están a residir na Vivenda de Transición ubicada no piso municipal en San Eleuterio, que o Concello de Mos lle cedeu a Cogami para tal fin, mediante un convenio de colaboración que permite desenvolver á asociación o Proxecto RUMBO durante un ano.
A Deputación de Pontevedra vai contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do concello das Neves cun orzamento de 6.153 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia.
Nos últimos anos escóllense as semanas de Nadal para pechar o albergue municipal de peregrinos da Guarda ante a redución do número de peregrinos nestas datas.
O IX galardón “Síntete Covelo” recoñecerá a traxectoria de Joaquín Vales Piña e Xabi Gómez Lorenzo. Será o vindeiro sábado día 23 de decembro no auditorio municipal de Covelo ás 18 horas.
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 20 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación da novela 'O espertar da raíña de pedra', da veciña do municipio J. R. Morrigan.
O Centro Sociocomunitario do Porriño acolleu onte a última sesión do programa de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño e Afaga.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as comarcas do Condado e de Paradanta para supervisar as obras que se están a levar a cabo nas infraestruturas municipais das Neves e Crecente grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.
A Casa de Papá Noel xa ten as súas portas abertas para que os nenos se acheguen á Alameda de Castelao, onde poderán conversar con el e facerlle as súas peticións para este Nadal.
Baixo o lema de "A Cañiza, coidada e sostible", o Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada xa nos anos 2021 e 2022 e que segue, neste 2023, centrada na compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no concello.
O Rosal despide o ano cunha nova cita cos seus ‘Cafés en Igualdade’, un espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar sobre temas de interese de xeito cómodo e distendido, ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal.
O mosense da parroquia de Sanguiñeda, Cristian Giráldez, protagoniza a campaña “Cambiamos o Enfoque” da Fundación Eurofirms, no marco do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.