Sábado, 15 Novembro de 2025

Comarcas

Remata o ciclo de barferencias 2023 na Guarda cunha charla adicada á muralla do castros

O relatorio “A muralla dos castros. Modelos, reconstruccións e interpretacións” porá o peche ao ciclo de bareferencias 2023 que tivo a divulgación do patrimonio como eixo central.

Aberto o prazo de inscrición nos campus deportivos de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición aos seus 20 campus deportivos de verán.

O alumnado do C.E.I.P Antonio Blanco coñece a serra do Suído

O alumnado do CEIP Antonio Blanco coñecerá a riqueza natural do seu Concello da man man do guía de montaña Julio Eiroa. Esta iniciativa, financiada polo Concello de Covelo, enmárcase dentro do proxecto RíosAldeasMontañas,

A Guarda terá un baño público autolimpable no porto

Na liña de traballo de mellora dos servizos municipais o concello da Guarda viña procurando financiamento para a instalación dun aseo público no porto da Guarda coas mesmas características co instalado na alameda no ano 2021.

Ponteareas honra a 18 alfombristas coa Medalla de Prata do Corpus Christi 2023

Ponteareas prepárase para celebrar o seu Corpus por todo o alto. A uns días de que arranque unha nova edición da festa grande da vila, o Concello aprobou este martes en pleno por unanimidade a concesión das Medallas de Prata do Corpus Christi 2023 ás e aos alfombristas propostos polas entidades de cada tramo.

O ciclismo volve esta fin de semana co XVII Trofeo Montes do Rosal

O Rosal volve ser esta fin de semana epicentro do ciclismo. Este sábado 3 de xuño celébrase o XVII Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista O Rosal e que conta coa colaboración do Concello, da Comunidadade de Montes Santa Mariña do Rosal, da Federación de Ciclismo Galego, da Fundación Deporte Galego e da Deputación de Pontevedra, así como doutras entidades e empresas.

José Luis Baños de Cos presenta hoxe no Porriño “Lume”

A quinta edición do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño premiou en setembro de 2022 a José Luis Baños de Cos, coa súa obra “Lume”.

Baiona acolle o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o vindeiro sábado, 10 de xuño, o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar “ONG Axuda ao mundo necesitado”, que se disputará nas instalacións do pavillón municipal e no pavillón escolar do CPI Cova Terreña.

O acceso ao Castelo de Santa Cruz terá unha transformación paisaxística

O Concello da Guarda vén de recibir da Xunta de Galicia a resolución positiva da subvención que se solicitou nunha convocatoria de axudas dirixidas a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Os Coidados Porta a Porta volven ao Covelo

Volven os Coidados Porta a Porta ao Concello de Covelo. Na área para autocaravanas instalarase o autobús sanitario que atenderá os días 4, 5 e 6 de xuño en horario de 09:00 a 20:00 horas.

Tui ofrece visitas guiadas ao seu arquivo municipal

O xoves, 8 de xuño, haberá unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui, con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

O espectáculo musical Glosalenta chega a Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 4 de xuño, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, o espectáculo musical de ‘Glosalenta’, un proxecto artístico froito do dúo composto pola salmantina Julia Alonso García-Arévalo (viola de gamba) e o performer lisboeta Hugo Milhanas.