18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui ofrece visitas guiadas ao seu arquivo municipal

    Tui ofrece visitas guiadas ao seu arquivo municipal

    O xoves, 8 de xuño, haberá unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui, con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

    O Día Internacional dos Arquivos celébrase o 9 de xuño, data na que se conmemora a creación en 1948, auspiciada pola UNESCO, do Consello Internacional de Arquivos, unha organización internacional non gubernamental destinada a promover a xestión e uso eficientes dos documentos de arquivo, así como a preservación do patrimonio arquivístico da humanidade.

    Este ano a Semana Internacional dos Arquivos 2023, #IAW2023, ten lugar entre o luns 5 e o venres 9 de xuño co tema da construción dunha comunidade global de #ArchivosUnidos (#ArchivesUnited).

    O Arquivo Municipal de Tui súmase a esta celebración  cunha visita guiada ás súas instalacións o xoves, 8 de xuño, ás 12 h, achegando á cidadanía o labor que se realiza dende este órgano da administración localm e dando a coñecer os fondos documentais que conserva. As persoas que desexen particpiar na visita deben inscribirse no correo  arquivo@tui.gal.

    No último ano o Arquivo Municipal de Tui ten continuado co seu labor de integración dos fondos documentais dos diversos servizos municipais, ao tempo que da resposta, nun prazo cada vez mais reducido, ás máis de cincocentas consultas producidas tanto dende a propia Administración Municipal como por cidadáns que reclaman o acceso á documentación. Nos últimos meses conta cun bolseiro financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Calquera cidadán pode solicitar a documentación que precisa, presentado en liña a  solicitude, a través da sede electrónica ( https://concellotui.sedelectronica.gal/dossier.1) ou no apartado do arquivo na web municipal  (https://tui.gal/gl/servizos/arquivo-municipal).

    O Arquivo Municipal de Tui recolle documentos dende 1.597 ata a actualidade. Está composto por máis de 6.550 unidades de instalación cos instrumentos suficientes para o seu manexo e control, especialmente a base de datos do inventario descritivo formado por mais de 37.500 rexistros que detallan a nivel de expediente a maior parte dos fondos.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS