22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda terá un baño público autolimpable no porto

    A Guarda terá un baño público autolimpable no porto

    Na liña de traballo de mellora dos servizos municipais o  concello da Guarda viña procurando financiamento para a instalación dun aseo público no porto da Guarda coas mesmas características co instalado na alameda no ano 2021.

    Trátase dun aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida cun sistema de limpeza automatizado despois de cada uso e con apertura de portas programable. Que no caso da alameda fora financiado co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

    Neste caso, o financiamento para a nova dotación, vai con cargo a unha subvención en concorrencia non competitiva a concellos para embelecemento do litoral galego no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado con cargo aos fondos NextGenerationEU da Unión Europea e xestionados por Turismo de Galicia.

     A contía da subvención ascende a  45.000 € e representa o 90% do investimento que está cifrado en 50.000 €.

    A instalación do aseo está previsto facela no límite do xardín a carón da casa do Mar e preto do Auditorio de San Benito. Este servizo, ao igual que o da alameda, foi priorizado polo equipo de goberno en vista da importante demanda veciñal e da mellora que representa dos espazos e servizos públicos da localidade.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.