Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

Nigrán festexa por todo o alto o 20 aniversario da banda ‘Dakidarría’

Corría o mes de febreiro de 2003 cando catro estudantes do IES Val Miñor realizaban o seu primeiro concerto como 'Dakidarría' no Bar Patos, no marco da campaña do colectivo 'Burla Negra' xurdido tras a catástrofe do Prestige.

O Programa Integrado de Emprego de Mos supera, no que vai de ano, o 50 % de inserción laboral

O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos, continúa coas suas accións incorporando ao mercado laboral, diversos postos vencellados aos itinerarios realizados coas 100 persoas usuarias do mesmo.

Nova visita aos muíños do Tripes

O venres, 18 de agosto, ás 10 h realizarase unha nova visita guiada aos muíños do río Tripes dentro da iniciativa “Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” que organiza a Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

Nigrán retoma este domingo o cine de verán

O Concello de Nigrán ofrece un verán máis o 'cine na rúa' coa proxección este domingo 13 de Agosto (Praza do Concello, 22:00 horas) de 'Los Tipos Malos', unha película estadounidense de animación.

As mulleres de Covelo recuperan o seu partido de fútbol

O domingo día 13 ás 20:30 horas as mozas solteiras xogarán contra as mulleres casadas no campo de fútbol de Covelo. A entrada é de balde e antes, ás 19:30, farao o Covelo Club de Fútbol.

Tomiño aproba a tramitación da modificación do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo

O Pleno do Concello de Tomiño aprobou onte o inicio da tramitación da modificación puntual do PXOM para crear o Parque Empresarial Transfronteirizo.

O Burgo-Baíña prepárase para celebrar a Festividade de Santa Marta

O Burgo-Baíña prepárase para acoller o luns, 14 de agosto, e o martes, festivo día 15, as festas de celebración en honra a Santa Marta.

A Deputación fai unha achega a Salvaterra para reparar os danos das inundacións do inverno pasado

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno dunha achega de 140.000 euros para o Concello de Salvaterra de Miño co obxectivo de reparar os danos causados polas inundacións do pasado inverno en infraestruturas de titularidade municipal deste concello.

A Cañiza ultima detalles para a Feira do Xamón 2032

A Cañiza xa está preparada para celebrar a súa 57 Feira do Xamón, cunha edición chea de actividades ao redor do seu produto estrela.

Aquamuseu desafia crianças para ‘Pintura de Verão’

O jardim do Aquamuseu do Rio Minho volta a transformar-se numa sala de aula viva em tempo de férias para acolher dois ateliês de verão gratuitos. Este ano, a proposta centra-se na ‘Pintura de Verão’ para as tardes de 18 e 25 de agosto.

Comeza a segunda edición do “Programa Xuntas” en Salceda, Salvaterra e As Neves

As dúas alcaldesas e o alcalde acompañados das respectivas Concelleiras de Igualdade, mantiveron unha reunión de coordinación no arranque da segunda edición do Programa Xuntas, dirixido ás mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves en materia de formación, información, prevención e orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado.

O baloncesto inunda Baiona co Torneo de basket 3×3

O parque da Palma acolle hoxe venres e o sábado 11 e 12 de agosto, o tradicional TORNEO DE BASKET 3X3, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona e polo Club Baloncesto Baiona.