Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

A piques de finalizar a reforma integral da Escola Unitaria das Eiras

O Rosal continúa coa súa aposta pola educación de proximidade a pola recuperación do patrimonio. O Concello está a rematar as ambiciosas obras de rehabilitación da Escola Unitaria das Eiras, instalacións que este curso escolar acollerán ao alumnado da Escola Unitaria de Tabagón mentres se leva a cabo a súa reforma integral, coa que se reorganizarán os espazos e se mellorará a eficiencia enerxética.

Nigrán oferta un curso de manexo de dispositivos móbiles para maiores

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada.

O Consorcio de Augas do Louro renova equipos na captación de auga do río Miño

O Consorcio de Augas do Louro vén de adquirir unha nova bomba de impulsión de auga potable e un novo motor eléctrico de alta eficiencia enerxética para renovar unha das catro bombas existentes na captación de auga do río Miño.

Arbo deu comezo ás obras de abastecemento en Cuarto

O Concello de Arbo tramitou ante a Dirección Xeral da Administración Local, unha achega para a obtención dunha subvención 39.959,97 € (IVE do 21 % incluído que ascende a 6.935,20 €), para a actuación denominada “RENOVACIÓN DE RED DE ABASTECIMIENTO EN CUARTO TRAMO DESDE AS CORVACEIRAS HASTA PORTELA, PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE MOURENTAN, ARBO”.

Unha exposición de postais antigas percorre os 150 anos de Balneario de Mondariz

O Balneario de Mondariz acolle unha exposición de postais antigas, emitidas entre 1880 e 1932 que recolle os recordos dos “aguístas” que pasaron as súas vacacións estivais na vila termal. Retrincos de historia que pertencen á colección privada de postais máis importante de España sobre Balneario de Mondariz, propiedade do vigués Manuel García Prado.

Porto do Molle acollerá a segunda Festa Equina de Nigrán

Acoaga 1018 S.L., en colaboración coa asociación hípica GZ-Horse e a Federación Hípica Galega, organiza unha Festa Hípica en Porto do Molle.

Tomiño achega 25.000 bolsas de material reciclable para potenciar o comercio local

Tomiño pon en valor o comercio local cunha nova acción de ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos establecementos tomiñeses e fomentar o desenvolvemento sostible do municipio. O Concello está a repartir cerca de 25.000 bolsas promocionais de tea e diferentes materiais reciclados entre os comercios interesados e os praceiros e praceiras dos mercados de Tomiño e Goián, que se encargan de distribuílas posteriormente a compradores e compradoras.

Haberá un servizo especial de autobús para os desprazamentos ao `Negrita Music Festival´

Dende o Concello do Porriño informamos á cidadanía de que os días 9 e 10 de setembro, para facilitar os desprazamentos ao Negrita Music Festival, activaranse servizos especiais de autobús entre O Porriño e Vigo.

Máis de 15 rapaces participaron no obradoiro de intelixencia emocional de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, levaron a cabo este obradoiro impartido por Marta e Verónica de Latenting, que buscaba aportar aos asistentes ferramentas e habilidades para o día a día.

Ponteareas acollerá o domingo o musical ‘Camiñantes e Cantantes’

No marco da primeira fin de semana das Festas de Setembro en Ponteareas, o broche das festas dos Remedios virá a cargo do musical ‘Camiñantes e Cantantes’ un espectáculo para toda a familia no que participan Manquiña, Pepo Suevos ou Pili Pampín.

Redondela aposta pola saúde e benestar dos maiores

O programa "Esperta a túa Mente" ten aberto o prazo de matrícula ata o 15 de setembro e os obradoiros comezarán o día 20 deste mes.

A ludoteca do Porriño abre as súas portas de novo en setembro

O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en este mes un servizo gratuíto de ludoteca dirixido aos máis pequenos e pequeñas da casa.