Domingo, 14 Setembro de 2025

Comarcas

Oia aproba o Orzamento 2019 cun incremento do 67 % nos Servizos Sociais de Atención Primaria

O Pleno do Concello de Oia aprobou definitivamenteo Orzamento para o ano 2019, cos votos a favor do Partido Popular e os votos en...

O PSOE cualifica de “auténtica imprudencia” que un medio publique o lugar de traballo de mulleres vítimas de violencia machista

O PSdeG-PSOE de Ponteareas, nun escrito remitido aos medios de comunicación, cualifica de "auténtica imprucendia e falta de rigor por parte dun medio de comunicación, mencionar aspectos tan sensibles e privados como os centros de traballo das mulleres contratadas vítimas de violencia machista".

Nigrán, novas tecnoloxías para ampliar á atención as persoas con Alzhéimer

O alcalde de Nigrán, Juan González, e o Presidente de Afaga Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez mantiveron onte unha reunión no Concello de Nigrán na que se revisou e avaliou o programa de atención a persoas con demencias que se desenvolve na localidade.

O 14 de setembro Mondariz acolle unha nova edición de ‘Orienta-Tea’

A praia fluvial do Val, en Mondariz, volverá a ser o punto de partida da proba de orientación nocturna 'Orienta-tea' o vindeiro sábado, 14 de setembro, a partir das 20:30 horas, unha proba que dende a súa posta en marcha, cada ano conta con maior aceptación.

O goberno ponteareán sae ao paso da polémica sobre a contratación de vítimas da violencia de xénero

O goberno de Ponteareas saiu ao paso, na mañá de hoxe, das informacións aparecidas nun medio de comunicación sobre a contratación de vítimas de violencia de xénero e a orde de afastamento dun traballador municipal, noticia da que tamén se facía inmediatamente eco o PP asegurando que "pediría explicacións ao grupo de Goberno sobre esta situación".

A Guarda abre un proceso extraordinario para cubrir dúas prazas na Escola Infantil Municipal

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que o próximo día luns 9 de setembro 2019 a Escola Infantil Municipal abre un proceso extraordinario para cubrir 2 prazas vacante a media xornada de tarde na aula de 0-1 anos de idade.

O BNG de redondela lembra a “neglixente” xestión do PP nos terreos ocupados polo AVE

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González saiu hoxe ao paso das declaracións verquidas polo Partido Popular sobre á xestión de diversos proxectos, algún deles nos terreos afectados pola liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. As declaracións enmárcaas o BNG “no revanchismo político ao que xa nos tén acostumados o PP. Os e a súa responsábeis políticos non están á altura do que lle exisen os e as súas votantes”, afirma o edil nacionalista.

Ponteareas convoca un concurso para escoller as fotos do ‘Calendario Galego de Ponteareas 2020’

A Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, informa que xa están publicadas as bases do “Concurso de Fotografía Calendario Galego de Ponteareas 2020” que este ano convoca o Concello de Ponteareas coa finalidade de seleccionar as fotografías que formarán parte do calendario municipal que o Concello de Ponteareas edita desde hai anos.

O Porriño presenta unhas ‘Festas do Cristo’ coa cultura, música e deportes como “piares básicos”

A XXI 'Feira de Oportunidades Merca na Rúa', o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC que terán lugar durante este vindeiro fin de semana, marcan o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello de Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila.

A Guarda, no Pacto dos Alcades para o Clima e a Enerxía

O pasado mércores o tenente de alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima.

Mondariz organiza un taller de defensa persoal para mulleres

Este sábado, 23 mulleres aprenderán as ferramentas básicas da autodefensa en Mondariz. O taller, organizado polo Concello de Mondariz e dirixido exclusivamente a mulleres, será impartido por Felipe Meana, director técnico do club deportivo SKM, e Marietta Sacristán, instructora do mesmo centro.

Ponteareas reafirmase na súa aposta pola igualdade

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa está na rúa o boletín do CIM de setembro, que leva un ano publicándose por iniciativa desta concellería e no que se poderán informar dos cursos, obradoiros, actividades, formación formal e un longo etc de accións en prol da igualdade e nas que as mulleres son as protagonistas.