Domingo, 20 Xullo de 2025

Comarcas

O Goberno de Redondela lamenta que a Xunta “non invista nin un euro na reforma da Avenida Mendiño”

O Goberno de Redondela denunciou hoxe o que consideran “un novo insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2020, “non se contempla nin un euro para a reforma da Avenida Mendiño” e tan só se consignan 100.000 euros, a metade do pasado ano, para as obras de Mellora de abrigo no Porto de Cesantes.

As obras da nova avenida de Tomiño obrigan ao cambio da parada de autobuses de República Arxentina

Debido as obras da nova avenida que exercerá de variante e permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano do centro de Tomiño, a localización actual da parada de autobuses (transporte regular e escolar) situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada 'Tomiño Praza', foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia Iglesias, no barrio de A Rocha).

Máis de cen persoas participaron na limpeza simultánea de praias en Patos

Máis dun cento de persoas participou este mediodía en Patos na novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega e promovida en Nigrán polo Concello e a Asociación de Escolas de Surf de Patos (inicialmente programárase para o sábado 19 de outubro pero debido á choiva trasladouse a este).

Magnífico papel das patinadoras do CPA Condado en Ponteareas

A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas a III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso a Categoría Nacional e o CPA Condado de Salvaterra asinou un extraordinario papel co acceso á categoría nacional de Ruth González en alevíns, mentres que Dubra Outeiro, en categoría infantil, quedaba ás portas do ascenso.

As Neves inviste preto de 255.000 euros na mellora de Rosalía de Castro e a súa contorma

O Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa, a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.

Localizado sen vida un home no interior dunha vivenda en chamas

Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.

Ponteareas terá aberto ata o 8 de novembro o prazo de solicitude de axudas para entidades sociais

A concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas que dirixe Verónica Carrera informou que dende onte venres 25 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais.

Chega a Ponteareas unha nova edición da «Feira de Outono»

Trinta postos cos mellores produtos artesanais, obradoiros, charlas e excursións guiadas son os ingredientes que fan que cada ano a Feira de Outono de Ponteareas sume siareiros. Os postos de produtos de outono, de primeira calidade, encherán a Praza Maior para brindar aos clientes a oportunidade de mercar alimentos e produtos de hixiene e beleza elaborados de xeito artesán que non se atopan nas superficies comerciais habituais.

Baiona prepara unha festa infantil con motivo do Samaín

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Miriam Mar Costas Iriarte, prepara unha festa infantil con motivo da celebración do Samaín, a tarde do xoves 31 de outubro de 2019. Para festexar esta tradición, os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar de obradoiros temáticos.

Luz verde para que o treito da N-120 que pasa por Cans sexa de titularidade municipal

Eva García, alcaldesa de O Porriño solicitará á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia unha entrevista para abordar a inminente cesión ao Concello do tramo da N-120 ao seu paso por Cans, unha vez que o Ministerio de Fomento manifestou por carta a súa disposición de “abordarla satisfactoriamente”.

O Goberno, optimista ante a tramitación na Xunta da aprobación definitiva do PXOM

O goberno local de Ponteareas amosouse optimista ante a tramitación da aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta. O alcalde Xosé Represas explicou que a Dirección Xeral de Urbanismo xa iniciou hai varias semanas a revisión do Plan aprobado en agosto e requiríu documentación ao Concello coa intención de aprobalo definitivamente no prazo de 3 meses.

O «II Torneo Intercentros de Xadrez», fomentará a igualdade a través de partidas por parellas mixtas

A Casa do Concello de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a presentación do ‘II Torneo Intercentros de Xadrez’, nun acto presidido pola alcaldesa Digna Rivas, acompañada polo promotor da iniciativa, o profesor de Matemáticas do IES Pedro Floriani, Miguel Ángel Vidal; concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e representantes dos distintos centros escolares redondeláns.