O domingo do Recristo, como manda a tradición, a Festa dos Callos do Porriño poñerá o broche de ouro á celebración das festas patronais. A festa gastronómica por excelencia do Porriño chega este ano á súa décimo terceira edición, congregando na vila a milleiros de persoas cada ano.
A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe María do Rosario. Dende mañá venres e ata o domingo día 1 de outubro Prado da Canda agasallará á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Igualdade, Sheila González Martíns, achegáronse esta mañá ata o Multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida ás mulleres baionesas participantes no programa Capacitadas.
A Asociación de Empresarios de Redondela organiza a tradicional Feira de Oportunidades, trátase dunha feira anual que terá lugar o 30 de setembro na alameda de Castelao.
O Pleno do Concello de Tomiño celebrado o xoves 21 de setembro aprobou, co voto favorable das concelleiras do Grupo Municipal Socialista, a realización dunha auditoría da empresa Aqualia –responsable do servizo municipal de abastecemento de auga–, e da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de Abastecemento e Saneamento.
O obradoiro de emprego “Porremprego Cualifica”, impulsado polo Concello do Porriño co apoio da Xunta de Galicia, chegou ao seu fin. A actividade permitiu a formación de 20 persoas desempregadas en dúas especialidades con moita demanda no Porriño e contorna.
Grande éxito de acollida en Tomiño do curso ‘Galegas Dixitais’. Un total de 25 tomiñesas participan neste programa de formación gratuíto que ten por obxectivo a dixitalización das mulleres na procura de emprego e que este mércores arrancaba co acto de presentación no salón de plenos do Concello.
Ao longo do mes de outubro celebrarase en Tui un amplo programa baixo o título de “Outubro mes da biblioteca”. Está organizado pola Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de achegar á lectura á sociedade tudense con actividades tanto para público infantil coma adultos, e exposicións.
O Monte Santa Tegra, segundo lugar máis visitado de Galicia, tras a Catedral de Santiago, era este mediodía o escenario da presentación da 15K do Atlántico Banco Mediolanum.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura, organiza para o curso 2023/24 as Aulas Municipais de Teatro, unha actividade dirixida ao público a partires dos 13 anos de idade.
A Concellería de Igualdade do Concello de Covelo, que dirixe María José Valiñas, en colaboración coa concellería de Emprego e Formación, que dirixe Lourdes Enes, reiteran a súa aposta de apoio á inserción laboral das mulleres e informan que está aberto o prazo para preinscribirse no curso para a obtención dos carnés de conducir B, C e CAP.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.