8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO grupo socialista de Tomiño vota en contra da aprobación definitiva da...

    O grupo socialista de Tomiño vota en contra da aprobación definitiva da Conta Xeral 2022 “que ten múltiples reparos de Intervención”

    As concelleiras socialistas votaron a favor dunha auditoría da empresa responsable do abastecemento de auga municipal e da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de abastecemento e saneamento "por ser beneficiosas para a cidadanía"

    O Pleno do Concello de Tomiño celebrado o xoves 21 de setembro aprobou, co voto favorable das concelleiras do Grupo Municipal Socialista, a realización dunha auditoría da empresa Aqualia –responsable do servizo municipal de abastecemento de auga–, e da aprobación inicial da ordenanza fiscal das taxas de Abastecemento e Saneamento.

    A postura favorable das concelleiras socialistas, Violeta de Santiago e Mirta Misa, ao entender “que son propostas beneficiosas para a veciñanza”.

    O Goberno nacionalista presentou, para a súa aprobación, unha nova modificación de crédito “a décima no que vai de ano” puntualizan as concelleiras do PSOE tomiñés.

    As socialistas afeáronlle ao Goberno “ese afán por ser os primeiros na contorna en
    aprobar o Orzamento Xeral” cando a realidade, engaden, é que “ano tras ano, é un orzamento absolutamente insuficiente mesmo para garantir o gasto corrente das diferentes partidas”, o que na opinión do grupo municipal socialista “é un claro exemplo de mala xestión”.

    Outro dos puntos da Orde do Día foi a aprobación definitiva da Conta Xeral 2022. Mirta Misa e Violeta de Santiago votaron en contra ao igual que o fixeron na correspondente Comisión de Contas e na aprobación inicial.

    “Non podemos votar a favor dunha Conta Xeral cando se presentan sobre a mesma innumerables reparos de intervención, a maioría deles por incumprimento –de xeito reiterado e sistemático– da Lei de contratos públicos”.

    “Licitanse e se adxudican obras e servizos sen ser sometidas a concurso público como establece a propia Lei”, aseguran as concelleiras socialistas. “Cando se cometen ilegalidades como esta, a sabendas que se están a cometer, estase a cometer prevaricación e nós, co noso voto, non imos amparar a comisión dun delito”, conclúen Violeta de Santiago e Mirta Misa.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.