'2020. Abrindo portas…' é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.
O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, unha actividade organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres e que conta coa colaboración do Concello de Oia.
A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron as obras de acondicionamento da casa de autopsias do cemiterio municipal, financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que supuxeron un investimento de 38.216,05 € (IVE incluído).
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinaron na mañá de hoxe o convenio de colaboración polo que o Goberno autonómico achegará un total de 253.746,90 euros para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela. A achega da xunta suporá o 80% do orzamento base estimable para a elaboración do documento e farase efectiva de aquí ao ano 2023.
O pasado xoves día 5 de decembro escolares da Guarda participaron nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.
O Multiúsos da Xunqueira acollerá, o vindeiro martes 10 de decembro, ás 19:30 horas, unha charla sobre o «Alzhéimer e outras demencias: detección e tratamento», organizada polas Concellerías de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA).
A pasada semana constituíuse no Concello de Tui a Mesa do Camiño de Santiago, un órgano que ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio. Para a constitución da Mesa celebrouse unha reunión á que asistiron máis de 40 representantes de distintos ámbitos vinculados ao Camiño.
O Concello de Tui sacou a licitación a explotación da cafetería do Centro Interfederado, situado na rúa Olímpicos Tudenses por un período de dous anos, prorrogables outros dous, cun prazo máximo de duración do contrato de catro anos. O canon mínimo anual será de 4.744,80 euros.
A Policía Local abriu esta pasada semana expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria.
A Alameda de Castelao conta xa con varios bancos con placas que fan referencia, cada unha delas, a persoeiros que teñen relación co municipio tanto de ámbito local como Casto Sampedro ou Reveriano Soutullo, coma a intelectuais ou artistas que, dunha ou doutra maneira, falaron de Redondela, como Julio Cortázar ou Dalí.
Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia, obras executadas con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
O equipo 'Baby' do C.B. Nigrán, o dos 'grandes peques' segue medrando o que fala ben ás claras da axeitada política de promoción que se desenvolve dende a directiva do Club Baloncesto Nigrán. Precisamente o 'Baby', que para esta tempada con nada menos que 13 juagadores e xogadoras, acudiu a pasada fin de semana a Navia para participar na 'I Concentración Baby' desta tempada.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.