Os portavoces dos grupos municipais do concello da Guarda, en representación da Corporación Municipal, reuníronse onte martes día 10 decembro para valorar a situación pola que está pasando o centro de saúde da localidade. Na xuntanza acordaron trasladar, a opinión pública e aos responsables do SERGAS, "a preocupación pola deficiente atención que se está prestando aos veciños e veciñas.
A Asociación Ecoloxista ADENCO celebrará este sábado 14 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, un acto público a partir das 20 h no que se presentará a revista conmemorativa dos 30 anos de Xeiras Micolóxicas. O acto está aberto á asistencia da cidadanía, de xeito libre, sen necesidade de apuntarse previamente, entregándose a revista que se presenta aos asistentes.
A Alcaldía de Redondela ditou este luns unha resolución pola que se inicia un expediente sancionador contra unha empresa que anuncia un oulet no IFEVI “pola instalación sistemática de carteis publicitarios sen autorización en diferentes espazos públicos”.
O Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites.
Técnicos agrícolas completaron esta mañá a plantación de froitos vermellos nunha parcela en desuso do monte comunal de Chandebrito, nun proxecto experimental que nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas, grosellas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes.
Baixo o nome de 'Aprendizaxes para a vida’, a Deputación de Pontevedra en colaboración coa mestra creadora e coordinadora do traballo, Teresa Domínguez, vén de publicar a cuarta edición dos calendarios competenciais para infantil e primaria, unha innovadora experiencia de aprendizaxe que foi cualificada pola presidenta Carmela Silva como “marabilla didáctica”.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, asistiu este mediodía ao inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga 'Canteira Ferro', pertenecente a empresa Porriñesa de Canteiras S.A. (Pocasa). O buraco da explotación de granito 'Rosa Porriño' recheouse con 500.000 metros cúbicos de materiais procedentes de ata 150 obras, entre elas as da nova Estación de Vigo e da Autovía A-52.
Baiona acolleu onte a entrega de premios da segunda edición do 'Concurso Interescolar de Poesía Visual Vila de Baiona', un certame impulsado polo poeta David Fernández Rivera e organizado polo Concello, que busca dar continuidade a todo o aprendido polos pequenos xunto a Rivera a través do Proxecto Caligrama 2000
"Un Nadal diferente. Nin mellor nin peor que os demáis, simplemente diferente". Así definiu na mañá de hoxe a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, a programación de Nadal que hoxe se presentaba e que ofrecerá, durante case que un mes, máis de trinta actividades pensadas, fundamentalmente para un público familiar. Terá o Nadal de Salceda, iso si, o seu prato forte: 'O Pequeno Circo de Nadal'.
Alumnado dos centros escolares do Porriño participarán mañá mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia ás que os nenos e nenas porriñeses acudirán acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.
A concelleira de Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas inauguraron hoxe un novo obradoiro de emprego 'Coidar de Nós II' que dará unha oportunidade laboral a vinte persoas desempregadas, ofrecendo por vez primeira formación para o sector forestal.
Este este venres, día 13 de decembro ás 18 horas, o auditorio municipal 'Reveriano Soutullo' acolle unha nova actividade de Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.