Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

A Deputación inicia a mellora da mobilidade e seguridade peonil da contorna da igrexa de Guláns

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras do proxecto para a mellora da mobilidade e seguridade peonil na estrada provincial EP-4004 de acceso á igrexa de Guláns, dende o PQ 0+000 ao PQ 0+490, no concello de Ponteareas. A actuación, a cuxo inicio asistiu hoxe o deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, acompañado do alcalde Xosé Represas, foi adxudicada cun orzamento de 305.023,73 euros.

A Corporación de Ponteareas, de xeito unánime, condena a violencia machista

A Corporación do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP E ACIP) condena os feitos acontecidos na noite de onte na que unha veciña era vítima da violencia machista e rexeita de cheo todo tipo de violencias. Todas e todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero.

Nigrán arrendará unha parcela para destinala a aparcadoiro público e gratuíto

O alcalde de Nigrán aprobou esta mañá o prego do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela céntrica destinada ao estacionamento público e gratuíto de vehículos, cuestión considerada prioritaria para este goberno. O obxectivo do consistorio é alugar de xeito transparente unha nova finca que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán (este fora cedido de xeito gratuíto no 2013 e está inoperativo dende decembro por iniciar a propiedade obras de urbanización).

Tomiño destina 50.000 euros á optimización da xestión de 30 traídas de augas rurais

O Concello de Tomiño subvencionou no pasado ano a 30 comunidades de augas rurais, repartindo un total de 50.000 € dos cales 40.000€ serviron para a mellora das infraestruturas e mantemento, e 10.000 € para a subvención ao 50 % das analíticas básicas de augas.

A Guarda pide á Consellería do Mar un futuro para o seu porto

O mércores 15 de xaneiro do 2020 representantes das asociacións guardesas, ORPAGU, Piueiro, Alagua e Confraría de Pescadores, encabezados polo alcalde, Antonio Lomba, mantiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para trasladarlle as demandas da cidadanía guardesa, en relación ao futuro do porto, expresadas a través das súas asociacións.

O PP alerta sobre a proposta do Goberno local de Ponteareas de endebedar ao Concello en máis de 4 millóns de euros

O PP de Ponteareas vén de expresar públicamente o seu rexeitamento á postura adoptada polo Goberno local de "torpedear" o traballo dos grupos da oposición. As manifestacións da portavoz popular, Belén Villar, foron realizadas logo de que o seu grupo recibira o venres pasado o documento dos Orzamentos 2020 e foran convocados ás comisións informativas esta semana.

A Deputación realizará o estudo técnico para a reforma integral da estrada Tabagón-Goián

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do mandato, foi cualificada por Silva como “rápida, concreta e con decisións”. “Nótase que estamos a traballar entre mulleres”, remarcou.

Ponteareas celebra, cun concerto da Orquestra de Cámara, o 90 aniversario do mestre Rogelio Groba

Ponteareas conta cun tesouro único que fai historia no mundo da música, hai noventa anos un día como hoxe xoves día 16 nacía en Guláns o mestre Rogelio Groba Groba. Máis de setecentas obras acompañan a traxectoria deste prolífico compositor que sigue amencendo cada mañá coa inquedanza de compor e de trasladar a cada partitura as sensacións e vivenzas do cotidiá.

Savaterra presenta o programa de charlas formativas sobre o coidado das orquídeas

O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar o programa de charlas formativas que se impartirán dende o 'Orquidiario' do Parque Público A Canuda entorno ao coidado das orquídeas. O parque de Salvaterra de Miño, con máis de 200.000 metros cadrados, alberga o único orquidiario de Galicia e Norte de Portugal con máis de 100 variedades e preto de 500 orquideas.

Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo de ferry entre A Guarda e Caminha

Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha. A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.

Nigrán aproba o proxecto de acondicionamento da zona de rodadura do paseo de Panxón

O Concello de Nigrán aprobou onte na Xunta de Goberno o proxecto para acondicionar a zona de rodadura do paseo marítimo de Panxón, orzamentado en 122.300 € e que será incluído no Plan Concellos 2020. A actuación comprende o levantamento das lousas dispostas (moitas delas rotas e descolocadas provocando non só as caídas de peóns, se non tamén ruído no tránsito de vehículos e dificultade na conducción) repoñéndoas por adoquinado de pedra de 15 cm de espesor (13x13x10 cm).

A Asociación ADAPTA de Ponteareas organiza un obradoiro de pintura

A Asociación ADAPTA de Ponteareas vén de anunciar a posta en marcha dun obradoiro de pintura enmarcado dentro do programa 'En-red.arte', que cofinancia a Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia. A iniciativa diríxese fundamentalmente ás persoas con discapacidade, aínda que tamén poderán participar persoas sen discapacidade.