Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

Redondela traballa para que o proxecto «Cidade Amiga da Infancia» sexa unha “ferramenta útil e efectiva para a mocidade”

“A Cidade Amiga da Infancia non pode quedar cinguida á realización de plenos xuvenís, de cando en vez, e que logo as propostas que fan os mozos e mozas caian no máis fondo dos esquecementos”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas nunha xuntanza mantida cos representantes dos centros escolares redondeláns co fin de “darlle un impulso definitivo a esta fermosa iniciativa”.

Nigrán tentará asumir a titularidade de Otero Pedrayo para realizar as obras que a Xunta nega sistemáticamente

O Concello de Nigrán leva solicitando dende o 2016, e de xeito insistente, a mellora da rúa Otero Pedrayo, un treito da estrada PO-333, dependente da Xunta de Galicia, é que constitúe un eixo fundamental nas comunicacións do muncipio ao enlazar Nigrán e Panxón e ser, polo tanto, unha vía cunha alta densidade de tráfico e de desprazamento de peóns.

A nova Escola Infantil da Guarda, máis preto de facerse realidade logo de anos de xestións municipais

Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas.

As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial de Tui pasan a ser de sentido único o 1 de febreiro

A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.

Arranca nas Neves o programa «Acompañados» contra a soidade

Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local das Neves que preside Xosé Manuel Rodríguez Méndez, este pasado martes, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto 'Acompañados', unha iniciativa pioneira en Galicia, que buscar eliminar a "sensación de soidade" que moitas veces teñen as veciñas e veciños que viven nun entorno rural.

Arbo convoca unha nova edición do concurso de redacción e carteis «Antonio Carpintero»

O Concello de Arbo vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o concurso de carteis e redacción, destinado exclusivamente aos alumnos e alumnas matriculados no CEIP 'Antonio Carpintero', con motivo da celebración da 'LX Festa da Lamprea' que se desenvolverá lugar os días 24, 25 e 26 de abril do 2020.

O silencioso berro de Ponteareas contra a violencia machista

Os silencios, moitas veces, din máis que os berros e esta mañá a Corporación Municipal de Ponteareas e a veciñanza, converteron o seu silencio nun grito que dicía "basta xa" á violencia machista. Hai problemas –máis ben lacras sociais– ante as que non cabe división nin medias tintas. O silencio, neste caso, é sinónimo de complicidade porque, o dixemos moitas veces e o seguiremos facendo cantas sexa preciso, coa violencia machista se non se é parte da solución estase a ser parte do problema.

Baiona acolle este domingo unha nova edición do Cros Escolar do Val Miñor

O antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, Baiona, acollerá este domingo 19 de xaneiro a partir das 10:45 horas, o XXI Cros Escolar do Val Miñor, que este ano é proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Seis entidades de Nigrán de «especial interese ou utilidade municipal» terán unha bonificación do 95% no IBI

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95 % do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo Goberno de Nigrán no 2016).

O Porriño establecerá unha «folla de ruta» coas demandas veciñais en materia de vías e obras e infraestruturas

O goberno municipal do Concello do Porriño establecerá unha folla de ruta coas demandas expostas polas AA.VV. de todas as parroquias da vila en materia de mantemento de viais e conexión ca rede de saneamento. Representantes de todas as parroquias do Concello acudiron e expuseron as súas demandas e necesidades na reunión celebrada onte á noite.

A Guarda amosará o seu potencial turístico na 40 edición de Fitur

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), unha das grandes citas europeas en materia turística, para dar a coñecer todo o seu potencial. A Guarda promocionarase no stand de Turismo de Galicia do 22 ao 26 de xaneiro. O mércores 22 de xaneiro participará na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño co seu primeiro produto coa temática 'Benvidos ao primeiro reino medieval de Europa'.

Esta fin, «V Mostra da Camelia Cidade de Tui»

Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui. Este evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.