O Comité de Seguimento do Covid-19 do Concello de Redondela vén de tomar unha serie de medidas que, na medida do posible, contribúan a evitar expansión do virus. O Comité, do que forman parte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a interventora e secretaria municipal e as tres tenentas de alcalde “informará puntualmente”, logo de cada reunión, aos portavoces dos grupos municipais da Corporación Municipal “porque é un asunto que trascende á vida política e atinxe a toda a cidadanía”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.
A corporación municipal de Salceda de Caselas, ante a expansión que se está a vivir do novo coronavirus (Covid-19), ven de adoptar unha serie de medidas para todo o termo municipal, medidas que se manterán mentres o goberno autonómico ou estatal non comuniquen o cambio de situación.
O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública, toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado.
Nunha reunión mantida coa representación do cadro de persoal o alcalde Xosé Represas comunicou que "o primeiro é a saúde do persoal municipal e da cidadanía, polo que o desenvolvemento do traballo no Concello supeditarase ás precaucacións necesarias para evitar contaxios".
Responsables municipais do Concello da Guarda están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informou na mañá de hoxe que "debido á situación tan delicada que se está a vivir, debido ao brote de coronavirus" tomouse a decisión de aprazar, ata novo aviso, a Feira de Oportunidades 'Portobelo', programada para este vindeiro domingo, 15 de marzo, a Praza Paradela de Gondomar.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, fixeron onte balance das porcentaxes de reciclaxe da veciñanza mosense no último ano, aportando datos que sitúan ao municipio con preto do 18 % de incremento con respecto ao ano anterior
A Asociación Galicia Ambiental e os organizadores do evento 'Plantación Bosque Festival da Luz'; Concello de Nigrán; Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación Veciñal, veñen de anunciar o adiamento das actividades que estaban programadas para esta fin de semana do 14 e 15 de marzo de 2020, como medida de prevención fronte ao coronavirus COVID-19.
O Concello da Guarda e o Club da Terceira Idade veñen de comunicar a suspensión da saída cultural prevista para o sábado 4 de abril como medida preventiva fronte ao COVID-19.
A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT 'Los 66 del Requesón', proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.
O chantadino Amador Castro Moure visitará este venres Ponteareas para participar no ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura,...
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.