Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Redondela celebra o Día Mundial da Saúde Mental cunha mesa redonda

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental o Concello de Redondela organiza o vindeiro martes día 10 de outubro, unha mesa redonda no multiusos da Xunqueira, ás 19:30 h, que versará sobre o traballo que se está a facer na prevención do suicidio infanto-xuvenil.

Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é membro dende o ano 2006.

Volve “Parte de ti”, campaña de apoio ao rural

Ante o éxito da campaña Parte de ti, que se lanzou fai catro anos, Eurural decide ampliala un ano máis para seguir dando a coñecer as grandes historias que hai detrás dos produtos e servizos da nosa contorna.

Becas de estudo para os veciños de Arbo

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “ Segundo Gil Davila”, convoca unha liña de becas de estudo, que ascenden a unha contía de 500,00 € cada unha.

Éxito de participación na actividade organizada polo Día Mundial da Saúde Mental en Baiona

Este 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xornada que celebrase co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre esta realidade e eliminar o estigma social que sofren as persoas afectadas.

O 40 % das persoas que realizaron o Camiño Portugués en setembro saíron dende Tui

Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño Portugués de Santiago. Representan o 40 % dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea.

O VIII Programa Integrado de Emprego de Mos celebra a Mesa Sectorial Kit ao Emprego

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou en Mos na Mesa Sectorial Kit ao Emprego, -enmarcada no VIII Programa Integrado de Emprego que a Xunta subvenciona na localidade mosense-, acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro.

Cruz Vermella organiza unha actividade en Ponteareas con motivo do Día Internacional das Persoas de Idade

O 1 de outubro celebrouse o Día Internacional das Persoas de Idade. Para conmemorar ese día, Cruz Vermella Española en Ponteareas realizará o sábado 7 na Praza Maior, unha actividade de sensibilización en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Encontro cos veciños da rúa Malteses da Guarda o luns 9 de outubro

O vindeiro luns día 9 de outubro ás 19:30h o Salón de Plenos acolle un encontro cos veciños da rúa Malteses para expor o Proxecto Inicial de Rehabilitación desta rúa.

A obra ‘Un vals para Cincinnati’ chega este sábado ao auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa co seu clásico ‘Outono de teatro’ este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal coa obra ‘Un vals para Cincinnati’, da compañía de Nigrán Teatro do Ar, responsable ademáis de impartir esta actividade municipal.

Nova exposición de Ángel Barros en Redondela

O artista local, Ángel Barros, retorna este venres á sala de exposicións do multiusos da Xunqueira. Desta volta cunha exposición titulada "A memoria facémola nós inmortal".

“Galegas Dixitais” forma a 26 mulleres de Baiona

Un total de 26 baionesas participan no programa de formación gratuíta “Galegas Dixitais”, que ten por obxectivo a dixitalización das mulleres na procura de emprego e que este mércores arrincou co acto de presentación no auditorio de centro multiusos Ángel Bedriñana.