Domingo, 4 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

Comeza a programación de verán de Salvaterra baixo o lema ‘Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra’

Como todos os anos a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, presenta a programación que ofrece o Concello de Salvaterra aos seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”. Un ano diferente pero seguro, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, aínda que sexa adaptado a nova situación que estamos a vivir.

Dbarrio chega a Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño presentou, da man das Asociación de Comerciantes Unes e Aces, a plataforma subvencionada de apoio ao comercio local dbarrio.com. A intención das asociacións e do Concello é modernizar o sector e potenciar as ventas online a domicilio de comercios e restaurantes locais.

Salvaterra de Miño abre o prazo de solicitude das axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar de Infantil

Salvaterra de Miño é un dos poucos e dos primeiros Concellos de Galicia en habilitar, dende o Departamento de Servizos Sociais, unha liña de axudas valoradas en 75,00 € que están destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil para o curso 2020-2021.

XV convocatoria Premios Educación Curso 2019/2020

Uns premios que nacen co espírito de fomentar o esforzo e o traballo diario entre os alumnos e alumnas dos nosos centros educativos, premiando a excelencia académica, e que este ano se adaptaron as novas circunstancias xeradas pola aparición do COVID-19.

O Concello de Salvaterra pide á Abanca “a urxente retirada” do cobro das comisións aos seus clientes

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de remitir un escrito á sucursal de ABANCA no municipio no que pide "a urxente retirada" das comisións que a entidade estalle a cobrar a súa clientela e "a reposición das mesmas".

Comeza o proceso de licitación das obras de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra de Miño

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de licitar hoxe as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de algo máis de 200.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio para a presentación de ofertas.

Salvaterra de Miño dará axudas de 75 € para compra de material escolar de infantil

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño vénn de aprobar as axudas de 75,00 € destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2020-2021. O obxecto destas axudas, sinala a alcadesa Marta Valcárcel, "é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas".

Máis de 30 establecementos de Salvaterra adheriranse á plataforma de venda online DBarrio

Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.

Salvaterra de Miño presenta a súa nova páxina de Turismo

Baixo o lema 'Salvaterra de Mińo un lugar para disfrutar, un lugar para vivir', o Concello de Salvaterra de Miño presentou a súa nova páxina web de turismo concibida como espazo dinámico, sinxelo e moi intuitivo. A web busca "ser un escaparate máis de todos os recursos que ofrece este Concello do Sur de Pontevedra, elaborada polo propio persoal da administración local", explica a alcaldesa Marta Valcárcel.

O Concello de Salvaterra de Miño únese aos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBI

O Concello de Salvaterra de Miño anunciou a modificación dos actos que tiñan previsto celebrarse con motivo do Día do Orgullo LGTBI, cambios motivados pola actual crise da COVID-19 e que obrigan a que as actividades programadas estean enfoncadas, principalmente, ás redes sociais.

O BNG denuncia que o Goberno do PP en Salvaterra “exclúe á oposición da loita contra a Covid-19”

O Grupo Municipal do BNG en Salvaterra de Miño denunciou hoxe que “mentres nos Concellos da comarca os Gobernos municipais tiveron claro dende o principio que esta pandemia necesitaba de toda a cidadanía para combatelo, o Partido Popular de Salvaterra de Miño utilizou a situación para tratar de promocionarse e deixar fóra á oposición, aínda sendo consciente que representamos gran parte dos veciños e veciñas deste concello”.

A Asociación Lazoiro reclama o fin dos herbicidas en Salvaterra no Día Mundial das Abellas

Nun intento de concienciar á sociedade sobre a importancia, tanto no medio ambiente como na sociedade, das abellas, Nacións Unidas decretou o 20 de maio como o día mundial da abella. Ese día, ademais de amosar a relevancia destes pequenos insectos, procura alertar sobre as ameazas ás que se enfrontan as abellas na actualidade.