15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoO Concello de Salvaterra de Miño únese aos actos conmemorativos do Día...

    O Concello de Salvaterra de Miño únese aos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBI

    O Concello de Salvaterra de Miño anunciou a modificación dos actos que tiñan previsto celebrarse con motivo do Día do Orgullo LGTBI, cambios motivados pola actual crise da COVID-19 e que obrigan a que as actividades programadas estean enfoncadas, principalmente, ás redes sociais.

    No mes de xuño a bandeira LGBTI estará colocada no balcón da Casa do Consistorial, un xesto co que o Concello de preside Marta Valcárcel “quere dar visibilidade a estes colectivos e reafirmarse na súa loita por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa”.

    Ademais a partires deste luns ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes desta data buscando unha frase conmemorativa para colocar, na última semana, nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello como imaxe central.

    As persoas interesadas so terán que enviar a súa frase ao enderezo de correo electrónico animación@concellodesalvaterra.org, do 8 ao 19 de xuño. As frases que se presenten non poderánexcecer os 30 caracteres.

    O Departamento de Servizos Sociais será o encargado de escoller a frase gañadora que estará exposta do 22 ao 30 de xuño nas redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.