Mércores, 2 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas únese a rede VioGén para protección de vítimas de violencia de xénero

Ponteareas da un paso máis para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero no municipio. O Concello acaba de formalizar na Xunta Local de Seguridade a súa adhesión á rede VioGén, o Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero, dependente da Secretaría do Estado de Seguridade.

Causan deliberadamente importantes danos nas obras da Praza de Bugallal

As obras da Praza de Bugallal sufriron importantes danos a madrugada deste luns causados deliberadamente por varias persoas que verteron ao longo duns 50 metros do pavimento unha substancia de cor negra, con aparencia de aceite industrial. Os danos tamén afectaron a un caixeiro automático dunha entidade financeira.

Luz verde á sinatura do convenio de Acuaes coa Xunta e Concello de Ponteareas para investir 12 millóns de euros en saneamento e depuración

O Consello de Administración da sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico, autorizou a firma do convenio coa Xunta de Galicia, a través da Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, e o Concello de Ponteareas para a execución e explotación de actuacións de saneamento e depuración cun investimento previsto de 11,7 millóns de euros (IVE/IVE excluído).

Ponteareas acolle unha xornada formativa sobre o aproveitamento dos soutos

O Concello de Ponteareas acolle o vindeiro xoves 16 de setembro unha xornada formativa organizada polo GDR Condado Paradanta e a IXP Castaña de Galicia no que as persoas participantes aprenderán nocións básicas para o aproveitamento dos soutos.

Ponteareas amosa a súa satisfacción polo principio de acordo coa Xunta para mellorar a estación de autobuses

O Concello de Ponteareas amosa a súa satisfacción ante o principio de acordo acadado coa Xunta de Galicia para a reforma e explotación da Estación de Autobuses. Segundo a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, “logo de bastantes meses de intensas negociacións, o acordo está encarreirado para acometer no vindeiro ano unha mellora substancial tanto das instalacións como do propio servizo”.

Ponteareas convoca axudas para deportistas de alto nivel

Ponteareas é vila de grandes deportistas e o Concello quere reforzar esta tradición coa convocatoria de axudas para facilitar a súa dedicación a competición de alto nivel. A Concellaría de Deportes, que dirixe Miguel Bouzó, lanzará nos próximos días a convocatoria de subvencións para o apoio a deportistas federados de Ponteareas. “Queremos axudalos e premiar o seu esforzo diario para alcanzar as súas metas. Son dos nosos e nosas mellores embaixadoras”, conclúe.

A Praza de Bugallal entra na derradeira fase das obras coa instalación de xardineiras, bancos e arborado

As obras da nova Praza de Bugallal entraron hoxe na súa derradeira fase co inicio da colocación de dezaoito xardineiras de grandes dimensións fabricadas en granito. Estes elementos de mobiliario urbano, de importante complexidade xeométrica, foron deseñados de xeito personalizado e estanse a executar un a un nun laborioso proceso de fabricación industrial rematado artesanalmente.

Ponteareas mantén firme a súa aposta pola música tradicional cunha nova edición do Festival Folclórico do Condado

Ponteareas festexará este sábado a música tradicional do Condado nunha nova edición do Festival Folclórico do Condado, un evento de importancia na vila do Tea, xa que supón unha gran oportunidade para pór en valor a música que se interpreta na comarca.

Ponteareas, un clamor en defensa da sanidade pública

Preto dun milleiro de veciñas e veciños do conxunto da comarca manifestáronse na tarde deste mércores polas rúas da vila, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado para reclamar unha atención sanitaria digna. Esta manifestación, que saíu da Praza Maior de Ponteareas e rematou ante o Centro de Saúde, forma parte da resposta veciñal ante a degradación da sanidade pública por parte do goberno da Xunta.

O BNG presenta iniciativas no Parlamento para mellorar a situación do Centro de Saúde de Ponteareas

O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, denunciou nunha visita ao Centro de saúde de Ponteareas a situación “grave de deterioro e desmantelamento da sanidade pública, especialmente no que afecta á Atención primaria”.

Música e pasarrúas de xigantes e cabezudos para encher de diversión Ponteareas

Mañá ás 17:00 horas as rúas de Ponteareas serán o fogar de xigantes e cabezudos. Desfilarán polo centro urbano para coñecer aos nenos e nenas da vila, bailar con eles, e desfrutar do día xuntos. Non estarán sós, xa que o grupo folclórico de Fozara porá ritmo ao seu paseo, e acompañarán a estas figuras ata que se despidan da veciñanza.

A maxia do Mago Teto embruxará o parque da Feira Vella de Ponteareas o xoves ás 21:00 horas

A maxia do Mago Teto embruxará o parque da Feira Vella de Ponteareas o xoves ás 21.00 horas. O ilusionista, un dos máis veteranos de Galicia, presentará os seus trucos dentro do programa das Festas de Setembro do Concello. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destaca que o espectáculo máxico “vai deixar máis dunha boca aberta”, e lembra á veciñanza que a entrada é de balde ata completar aforo.