O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo Alonso, continúa coa esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila.
O acoso escolar é un problema que foi en aumento nos últimos anos pero que en moitas ocasións permanece oculto. Para combatelo, o Concello de Ponteareas impulsa unha campaña de formación e información con diferentes accións para sensibilizar sobre o bullying nas aulas e nas redes sociais.
O Concello de Ponteareas inaugurará o vindeiro venres ás 18.00 horas cunha presentación oficial a exposición “Fillos do océano” do fotógrafo Javier Teniente, unha homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven por e para o mar.
A aula CeMIT de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nos nove novos cursos presenciais que oferta de balde para os vindeiros meses de novembro e decembro.
O concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, quere felicitar en nome do Goberno local á ponteareá Melania Rodríguez Muñoz, integrante do Club Ximnasia Burgas, que vén de facerse co título de campioa de España absoluta en Dobre Minitramp e de conseguir a medalla de bronce na categoría absoluta en Trampolín na competición disputada a pasada fin de semana en Ourense.
A mocidade dos institutos de Ponteareas sumarase este venres ao Correlingua 2021, unha xornada que ten como lema “Inmunízate co galego”, para apelar á defensa do galego fronte ás linguas maioritarias, á cultura dominante, aos prexuízos lingüísticos e á exclusión social.
A vixésimo segunda edición do Trofeo Amizade disputouse o pasado domingo, 31 de outubro, na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas.
Desde o Plan de Emprego de Cruz Vermella no Condado está a levarse a cabo a campaña “Aquí gañamos tod+s” para visibilizar e dar a coñecer tanto ás empresas galegas, como á poboación en xeral, os proxectos que se desenvolven desde a entidade, así como as diferentes vías de colaboración dispoñibles.
A mocidade de Ponteareas está a coñecer a vila do Tea con outros ollos esta semana. A Biblioteca Municipal está a realizar co CEIP Nosa Señora dos Remedios e o Colexio da Inmaculada visitas guiadas ao Museo Municipal e ao casco vello.
Ponteareas convoca a terceira edición do “Ponteareas, Lingua e Empresa”, un premio que recoñece ás empresas e autónomos que usan a lingua galega na súa actividade económica.
Ponteareas acolle este domingo 31 de outubro o XXII Trofeo Amizade, unha proba organizada polo Club Natación Ponteareas en colaboración co Concello que reunirá á cifra récord de 250 deportistas de 16 clubs de toda Galicia.
O Concello de Ponteareas vén de reordenar os sentidos de circulación do tráfico rodado na mazá conformada polas rúas Virxe dos Remedios, Daniel Ojea, Vázquez Fraile e Mestres, invertendo os seus sentidos de circulación.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.