O vindeiro 21 de decembro o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas (PXOM) entrará en vigor. Ese día terán transcorridos os 15 días hábiles computados dende a súa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello de Ponteareas iniciou os trámites para licitar as obras de transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade dende a vila de Ponteareas até o CEIP Ramiro Sabell. O goberno prevé executar as obras ao longo do vindeiro ano 2022.
O mestre Damián Copena, veciño de Ribadetea e profesor de Economía da Universidade de Oviedo, estará este venres 26 de novembro en Ponteareas presentando o traballo que resultou galardoado co VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey.
A ponteareá Melania Rodríguez continúa a escribir a súa historia no mundo da ximnasia. A deportista, de tan só 20 anos, acaba de participar en dúas finais do Campionato do Mundo de ximnasia de trampolín que se celebrou en Bakú (Acerbaixán), logrando o bronce na especialidade de dobre minitramp.
Ponteareas converterase esta fin de semana en epicentro do bádminton a nivel nacional. O Complexo Deportivo Álvaro Pino acolle os días 26, 27 e 28 de novembro o Campionato de España de Bádminton sub-15, unha proba organizada polo Club Bádminton As Neves co apoio do Concello de Ponteareas que reunirá durante estes días na vila arredor de 140 xogadores e xogadoras.
O Concello de Ponteareas conmemora o 25 N, Día Internacional contra as Violencias Machistas, con cultura e unha concentración. Os actos comezan o xoves ás 12:15 horas coa lectura dun manifesto por parte de todas as forzas políticas da Corporación. Despois haberá un recital poético de integrantes de Versos de Area e alumnado de igualdade do IES Val do Tea, que van mostrar os traballos que están a realizar para denunciar “a lacra da violencia machista”.
A Biblioteca Municipal de Ponteareas acaba de ser premiada no Certame de Proxectos de Animación á Lectura María Moliner 2021 pola seu labor na difusión da lectura na vila do Tea. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece e felicita ao persoal “polo seu gran traballo” e lembra que dende o Concello “non pararemos de apostar por iniciativas para acercar á veciñanza ao pracer de ler”.
O Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas xa está preparando as audicións do alumnado. Os vindeiros 25, 26 e 30 de novembro a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá as probas deste primeiro trimestre, que se celebran antes do habitual debido ao novo calendario escolar, algo máis curto este ano.
O Concello de Ponteareas leva dende o ano 2016 axudando ás familias coa adquisición de libros de texto e material escolar para a escola e o instituto. Soamente no curso actual repartiu cerca de 15.000 euros en axudas para cubrir todas as solicitudes presentadas que cumpriron os requisitos.
As rúas de Ponteareas convértense dende este sábado en Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia. Grazas ás novas tecnoloxías, veciñanza e turistas poderán gozar da arte efémera de xeito sinxelo e inmersivo en calquera momento do día os 365 días ao ano. “Contamos xa coa ferramenta que nos permite poñer en valor a hora historia e cultura floral, a nosa maior obra de arte colectiva, e continuaremos a partir de hoxe incrementando o seu contido con todo tipo de materiais.
Ponteareas xa é oficialmente Cidade Amiga da Infancia. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, asinaron este venres o convenio que ratifica o recoñecemento outorgado á vila o pasado mes de xuño e que recolle os compromisos adquiridos polo Concello de Ponteareas para continuar promovendo e impulsando o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.