Luns, 30 Xuño de 2025

Ponteareas

Festa do hóckey en Ponteareas co III Memorial Kiko Represas

Ponteareas réndese esta fin de semana ao hóckey sobre patíns coa celebración da terceira edición do Memorial Kiko Represas, na honra desta figura tan destacada dentro desta disciplina na vila.

A Deputación transformou o Condado-Paradanta nos últimos 6 anos

Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.

Culturgal descobre o libro ‘Alfredo Guisado. Xente d’aldea’, da colección Creadores Ponteareáns

Ponteareas volveu levar a súa literatura a Culturgal, que cada ano reúne a artistas e artesáns de todas as industrias culturais.

A pianista Alba Raña, este venres 3 en concerto en Ponteareas

Ponteareas acollerá este venres 3 de decembro un concerto de piano a cargo da viguesa Alba Raña, que traerá a música de Bach, Mozart, Chopin e Ravel á sala multiúsos do auditorio municipal.

A Xunta licita a mellora da seguridade viaria na PO-403 en Ponteareas

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sacou a licitación na xornada de hoxe as obras de mellora da seguridade viaria no Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) da estrada autonómica PO-403 ao seu paso pola zona de Angoares, no Concello de Ponteareas, cun investimento de 576.892 euros.

O BNG renova o seu Consello Comarcal Condado-Paradanta-Louriña “apostando firmemente pola xuventude”

O BNG inmerso no proceso de asembleas para a renovación dos seus cargos orgánicos vén de celebrar este pasado luns asemblea comarcal do Condado-Paradanta-Louriña. Apostando firmemente pola xuventude, elixiu ás 10 persoas que terán a encomenda de coordinar durante os próximos dous anos a acción da fronte nacionalista nos 10 concellos que integran a comarca.

Ponteareas acolle un novo curso de adestrador de fútbol UEFA B

O Concello de Ponteareas e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol colaboran para poñer en marcha unha nova edición do Curso de Adestrador de Fútbol UEFA B, que se desenvolverá entre os meses de decembro e xuño.

Ponteareas ofrece unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar o traballo dos docentes co alumnado con trastorno do espectro autista

O Concello de Ponteareas continúa apostando pola inclusividade e a igualdade nas aulas dos centros educativos da vila. Hoxe ás 17.30 horas, no IES Val do Tea organiza, xunto a Fundación Menela, unha formación para mellorar a intervención educativa dos docentes co alumnado con trastorno de espectro autista.

Xa funciona o estacionamento limitado gratuíto na Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos

Persoal municipal do Concello de Ponteareas está dende este mesmo luns na Avenida de Galicia, en Rosalía de Castro e nun tramo da rúa dos Carballos informando e resolvendo dúbidas sobre o uso do estacionamento limitado gratuíto que entrou hoxe en funcionamento.

O CN Ponteareas consigue un novo récord para o Club

A pasada semana, do xoves 25 ao domingo 28 de novembro disputábase, na piscina "Son Hugo" de Palma de Mallorca, o LXV Campionato de natación absoluto de España de inverno.

Ponteareas comeza a renovar o seu alumeado

Ponteareas comeza a renovar todo o seu alumeado. As rúas das parroquias de Fontenla, Prado, San Mateo e Pías xa contan con luminarias novas e máis eficientes, no marco do plan da Concellería de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, para mellorar o aforro enerxético e a seguridade cidadá.

A complexidade técnica da fabricación e colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal retrasan a súa finalización

A complexidade técnica do deseño, da fabricación e da colocación dos bancos xardineiras da Praza de Bugallal son a causa do retraso na execución da obra de remodelación da contorna, segundo o avala e xustifica nun informe a arquitecta directora da obra, que forma parte do estudo de arquitectura que redactou no seu día o proxecto.