Martes, 15 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas licita unha nova humanización dunha rúa tras una aportación da Unión Europea

O Concello de Ponteareas continua obtendo fondos económicos doutras administracións para executar os numerosos proxectos redactados nos últimos anos. Desta volta, o Concello conseguiu unha subvención de 60.000 financiada polo Ministerio de Sanidade, co apoio da FEMP, con cargo a fondos da Unión Europea.

O Cultura 24 de Ponteareas comeza o ano con teatro

O programa Cultura 24 regresa esta fin de semana a Ponteareas coas pilas cargadas e risas a esgalla. A través desta iniciativa, o Concello levará este domingo 5 de febreiro ao Centro Cultural de Bugarín a obra ‘Delicatessen – Menú degustación’.

Ponteareas aproba o Ciclo Integral da Auga que asegura saneamento no rural

O pleno de Ponteareas aprobou no día de onte, cos votos a favor do BNG e PSOE, a abstención do PP e o voto en contra de ACIP, o anteproxecto do denominado “Ciclo Integral da Auga”, a concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración.

Ponteareas rende homenaxe a Castelao

Un referente de loita, amor e traballo por Galicia. Iso é o que representa o escritor, pensador e artista galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen o Concello de Ponteareas realizou este luns unha ofrenda floral para render sentida homenaxe.

Ponteareas aproba a creación dun novo parque público na Avenida Sarmiento Rivera

O Goberno municipal do BNG-PSOE aprobou este luns en Xunta de Goberno a autorización para a creación dun novo parque público de case 3.000 metros cadrados na Avenida Sarmiento Rivera, nunha parcela situada nas proximidades do cuartel da Garda Civil da localidade.

Ponteareas continúa recuperando o estadio municipal tras os graves danos das inundacións

O Estadio Municipal de Ponteareas foi a instalación municipal que máis padeceu os efectos da meteoroloxía adversa deste inverno. Tras varias inundacións dende novembro, o pasado 1 de xaneiro máis de 2 metros de altura de auga do río Tea cubriron as instalacións durante varias horas.

O Goberno municipal de Ponteareas amósase satisfeito co informe do Consello de Contas

O Goberno municipal do BNG-PSOE amosou a súa satisfacción co informe feito público polo Consello de Contas de Galicia a raíz de denuncias interpostas contra o Concello de Ponteareas.

Contacontos en homenaxe a Castelao en Ponteareas

A figura de Castelao seguirá moi presente en Ponteareas nos vindeiros días. O vindeiro luns 30 de xaneiro e ao abeiro da programación de actividades organizadas co gallo do ‘Día de Castelao’, o Concello organiza na biblioteca municipal un contacontos.

Ponteareas organiza un obradoiro de manga e banda deseñada

Ponteareas prepárase para render homenaxe a Castelao. Este sábado 28 de xaneiro e ao abeiro da programación de actividades previstas polo ‘Día de Castelao’, o Concello organiza un orixinal obradoiro de iniciación ao manga e á banda deseñada.

Ponteareas reforma as plataformas elevadoras da praza de abastos

O Concello vén de comezar as obras de renovación das dúas plataformas elevadoras da praza de abastos de Ponteareas, dous ascensores hidráulicos de uso exclusivo para transporte de mercadorías.

Ponteareas inicia a recollida selectiva de materia orgánica no centro urbano

Ponteareas vén de poñer en marcha unha das iniciativas medioambientais de maior calado en materia de xestión de residuos. Baixo a denominación “Ti tes a chave”, a Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, implementou o proxecto piloto de recollida selectiva da materia orgánica.

Ponteareas avanza na concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración

O Goberno municipal do BNG-PSOE continua avanzando nos trámites para licitar a concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración.