12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas continúa recuperando o estadio municipal tras os graves danos das inundacións

    Ponteareas continúa recuperando o estadio municipal tras os graves danos das inundacións

    O céspede natural do campo de Pardellas foi un dos máis danados

    O Estadio Municipal de Ponteareas foi a instalación municipal que máis padeceu os efectos da meteoroloxía adversa deste inverno. Tras varias inundacións dende  novembro, o pasado 1 de xaneiro máis de 2 metros de altura de auga do río Tea cubriron as instalacións durante varias horas.

    Dende o día seguinte, o Concello de Ponteareas centrouse en avaliar e posteriormente resolver as múltiples incidencias producidas, que principalmente consistiron na retirada dunha importante capa de materia orgánica acumulada; na limpeza de limo nos accesos, nos vestiarios, baños e cuartos; na reparación da instalación eléctrica e sistema de rego; na substitución de caldeiras; na reposición de portais, redes, mobiliario… Segundo indica o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, “nesta semana afrontamos a recta final dos traballos, realizando as reparacións máis custosas e substituíndo algúns elementos que sufriron danos irreparables.” Así mesmo, o concelleiro agradeceu “o traballo dos empregados municipais e a comprensión das persoas usuarias que conviviron coas molestias dos traballos mentres se desenvolvía a actividade na instalación”.

    No caso do céspede artificial do Campo Alfredo Bautista Alconero, a riada depositou unha gran capa de limo e desprazou a manta de céspede e os recheos nunha esquina do tapete. Aínda que era posíbel o uso do terreo de xogo para os adestramentos, foi necesario realizar traballos de estirado e cepillado para poder desenvolver con normalidade os partidos federados.

    Pola súa banda, o céspede natural do Campo de Pardellas foi un dos máis danados. Para o seu tratamento, o Concello contou co asesoramento técnico dunha destacada empresa de mantemento de céspede deportivo. A súa enxeñeira e coordinadora en Galicia informaba que “tralas inundacións, depositouse unha capa de limos no terreo de xogo que fai que a superficie sexa totalmente esvaradía”, o que provocou que “o estado do céspede non fora adecuado para disputar un partido garantindo a seguridade dos xogadores”.

    O informe técnico destacou que “para solucionar momentaneamente estes problemas será necesario entrar con maquinaria e realizar un recebo de area de sílice dunhas 60 toneladas”. Nesta semana, a ausencia de choivas permitiu que se realizaran ditos traballos. Ata este momento, tal como indica o informe, non se daban as condicións para executalos. “Os lodos depositados sobre o terreo de xogo tras as inundacións sufridas reduciron a capacidade de infiltración do campo, polo que tras as precipitacións, presentaba zonas de ata 3 centímetros de auga acumulada. Nestas condicións non podiamos realizar ningún dos traballos que mellorarían o terreo de xogo e tampouco mellorar as condicións para poder xogar sobre o mesmo”, sinalou a técnica.

    Céspede renovado os pasados meses

    Tras a seca do pasado verán, para o inicio desta temporada a concellaría de Deportes xa realizara unha serie de tratamentos que permitían contar cun céspede renovado e en boas condicións. Cun investimento de 6.500 €, realizáronse traballos de escarificado con recollida de materia vexetal, aireado mediante pinchado macizo de 20 mm e resementeira con semente de raygrass inglés, así como un recebo con area de sílice.

    Ademais, o Campo de Pardellas conta tamén dende esta temporada con novos banquiños. Con cargo ao Plan Concellos e cun investimento duns 6.000 euros, o Concello instalou dous banquiños de fila dobre de 14 prazas, que permiten que os futbolistas de reserva e o corpo técnico poidan estar ao completo resgardados durante a disputa de partidos federados, cando anteriormente só tiñan 9 prazas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS