Venres, 9 Maio de 2025

Ponteareas

«Mozart á galega», un xeito diferente de amosar a música

O auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas acolle, este venres día 6 de decembro ás 19 horas e con entrada totalmente de balde, o concerto 'Mozart á galega', unha actividade novidosa que correrá a cargo do frautista Luís Soto acompañado dun trío de cordas.

Ponteareas abre o prazo para solicitude de bolsas ás e aos deportistas

A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que ata o día 10 de decembro, as e os deportistas federados de ponteareas poderán solicitar a axuda da bolsa que o Concello concede para a preparación das diferentes competicións nas que vaian participar.

«Venres polo planeta» trasládase ao xoves 5 para actuar no monte de Prado

A actividade 'Venres polo planeta' do Concello de Ponteareas que busca, a través da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, "cambiar o futuro indo máis aló das palabras e deseñando accións participativas", adiántase esta vez ao xoves 5 de decembro, dada a festividade do Día da Constitución do venres 6.

Ponteareas da un paso adiante na instauración da normalidade e a igualdade de xénero

"Ponteareas da un paso máis para acadar a igualdade e a normalidade", así o resume a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, que puxo en marcha os cursos de linguaxe inclusiva programados no Plan de Igualdade e desenvoltos no marco da estratexia EDUSI financiada cos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e con fondos propios.

Carta aberta de Roberto Mera en relación coa súa compatiblidade como concelleiro de Ponteareas e avogado

Roberto Mera, concelleiro do Concello de Ponteareas e avogado, vén de remitir unha carta aberta dirixida, tanto aos medios de comunicación coma a opinión pública, de cara a rematar a polémica xurdida "sobre a miña compatibilidade entre o meu cargo no Concello de Ponteareas e o exercicio da avogacía", sinala o concelleiro ponteareán.

O PP asegura que nunca estiveron contra a compatibilidade de Mera, “só pedimos que se cumprira a Ley”

O Partido Popular de Ponteares "agradedeu a rectificación da Alcaldía de Ponteareas" levando novamente a Pleno o acordo da compatibilidade de Roberto Mera engadindo un novo punto "no que limita a compatibilidade do oficio de avogado de Mera", tal e como os populares aseguran ter defendido dende o prinicipio.

Clausura do curso de restauración de mobles e tapicería do «Depo en Marcha» en Ponteareas

A deputada de Cohesión Social, Olga García Ballesteros e o concelleiro de Mocidade do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, entregaron os diplomas do curso de Restauración de Mobles e Tapicería ofertado pola Deputación de Pontevedra dentro do programa 'Depo en Marcha'.

O Pleno de Ponteareas rexeita o recurso contra a incompatibilidade de Mera cos votos de BNG, PSOE… e PP

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas, celebrado o pasado martes, rexeitou o recurso presentado pola portavoz popular, Belén Villar, sobre a incompatiblidade de Roberto Mera para que puidera exercer o seu traballo de avogado. O recurso foi rexeitado cos votos do BNG, PSOE e, sorprendentemente, cos votos do PP, quen podendo retirar o mesmo preferíu mantelo e votar en contra.

Ponteareas mellora a seguridade viaria en Montes de Abaixo, Nogueira

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, du conta dos traballos de pavimentación do vial que discorre entre Montes de Abaixo, en Nogueira, e a estrada provincial EP-4005, unha obra que se enmarca dentro do planeamento de mellora da rede de estradas e pistas municipais.

O PP de Ponteareas reúne preto de 300 persoas no Xantar de Nadal

O PP de Ponteareas celebrou o seu tradicional Xantar do Nadal, nun restaurante da localidade nun acto no que participaron preto de 300 persoas. O presidente provincial, Alfonso Rueda; a deputada, Ana Pastor, e varios alcaldes e portavoces populares acompañaron á presidenta local, Belén villar, para felicitar as festas aos veciños da Vila do Corpus.

Máis de 200 elementos lumínicos alumearán o Nadal de Ponteareas

Este domingo día 1 de decembro, a partir das 17:30 horas, Ponteareas acenderá o alumeado de Nadal nun a acto festivo que arranca coa animación de rúa que ofrecerá o espectáculo 'A luz do camiño' ao pé da gran bola lumínica de 17 metros de diámetro. Antes, na carpa da Praza Maior, a partir das 16:30 horas, veciñanza e visitantes poderán facer as súas compras no mercadiño solidario e arredor das 18:30 horas será o momento de facer brillar o centro urbano.

Adiada ata o domingo 15 a visita guiada á Xinzo da «Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea»

A Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea, de Ponteareas, vén de dar conta do cambio de data para a visita guiada a Xinzo que tería que desenvolverse este vindeiro domingo, 1 de decembro. As malas previsión meteorolóxicas para mañá domingo, obrigan a este adiamento para poder realizar a actividade nas mellores condicións posibles.