Venres, 27 Xuño de 2025

Ponteareas

O Campus Tea fai unha xincana fotográfica na vila e visita o Muíño de Cepelo en Guláns

Setenta cativos e cativas de entre 3 e 12 anos participan nestes días na segunda quenda do campamento Campus Tea e Verán Rural 2020 organizado pola Concellería de Ensino de Ponteareas. Na actual situación sanitaria debido a COVID-19, estanse a tomar todas as medidas preventivas, sanitarias e hixiénicas precisas, así como a división en grupos reducidos e pechados a fin de preservar a saúde das persoas usuarias, pero mantendo o espírito das actividades como noutros anos e sobre todo poder dar un servizo que permita ás familias a conciliación laboral.

O torreiro de Celeiros, Ponteareas, acolle a actuación da Agrupación Folclórica Algazara

A agrupación folclórica Algazara actuará no torreiro de Celeiros hoxe sábado día 1 ás 20 horas dentro da programación de Cultura 24, unha iniciativa que posibilita unha programación estable ao longo de todo o ano nas casas e centros culturais das parroquias.

Obradoiro de cócteles sen alcol en Ponteareas

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, organiza mañá sábado, 1 e agosto no mercado municipal, o obradoiro de...

A Policía Local denuncia oito locais de ocio nocturno por numerosas infraccións

A Policía Local, a través de dúas patrullas, desenvolveu a pasada fin de semana un dispositivo especial de control de locais de ocio nocturno, terrazas, botellóns e uso de máscaras ademais de realizar controis de alcoholemia e drogas.

O programa “Mocidade Viva” propón quince actividades durante o verán en Ponteareas

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, vén de dar conta das actividades que conforman o programa “Mocidade Viva” durante o verán de 2020. Bouzó sinalou que “son quince accións que se desenvolven ao aire libre mantendo as medidas de seguridade e buscan cubrir as necesidades de formación e lecer das mozas e mozos da nosa vila durante o verán.”

O voluntariado ponteareán realizarou hoxe venres unha nova limpeza no Tea

Voluntarias e voluntarios ponteareáns desenvolveron nesta mañá de venres 31 de xullo unha nova limpeza do río Tea, unha actividade dos “venres polo planeta” que se enmarca no programa de voluntariado ambiental xuvenil iniciado nas pasadas semanas.

Ponteareas adhírese á Rede Ágora para recuperar o espazo público para a veciñanza

O Pleno do Concello de Ponteareas, co voto a favor do goberno (BNG-PSOE) e a abstención de PP e ACIP, acordou adherirse á Rede Ágora, unha iniciativa impulsada pola Deputación e dirixida aos Concellos interesados en recuperar o espazo público para a veciñanza. Ademais acordouse designar ao concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, como representante municipal na rede.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo renova a súa xunta directiva

Respectando as medidas sanitarias impostas pola Xunta de Galicia, a Asemblea Extraordinaria da Banda de Música Xuvenil de Xinzo levou a cabo o cesamento da anterior directiva, que viña traballando desde o ano 2017, e acordouse a renovación da mesma en funcións ante a falta dunha nova candidatura.

O trompetista Esteban Batallán clausurará o VIII Festival Groba que encherá Ponteareas de música entre o 15 e o 21 de agosto

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado da deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, do concelleiro de Cultura Fernando Groba e do director da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba, presentaron hoxe no salón de plenos do Concello o cartel do VIII Festival Groba que, entre o 15 e o 21 de agosto e por oitavo ano consecutivo, encherá Ponteareas coa música das estreas absolutas do prolífico Mestre Rogelio Groba e será escenario no que se dean cita os mellores músicos do mundo.

O BNG de Ponteareas apoia as mobilizacións da comunidade educativa e demanda á Xunta un novo protocolo para o curso escolar

O BNG, a través da súa portavoz municipal en Ponteareas, Cristina Fernández Davila, vén de amosar o seu apoio ás mobilizacións iniciadas pola comunidade educativa contra o protocolo establecido pola Xunta para o inicio do novo curso escolar. Fernández denuncia a “falta de diálogo da Consellería de Educación, que reitera a súa actitude actuando tarde e de costas á comunidade”.

A asociación Os Biosbardos pide axuda para atopar ao dono de dous cans abandoados preto da protectora

A protectora de animais Os Biosbardos vén de solicitar a axuda de calquera persoa que lles permita atopar ao dono ou dona de dous cans, un deles con 'osos de cristal', abandoados este mesmo luns en Ponteareas, preto das instalacións da protectora. Os representantes dos Biosbardos presentarán ante a Garda Civil a correspondente denuncia por abandono.

Esquerda Unida de Ponteareas continua coa súa campaña a favor da municipalización do servizo de abastecemento de auga

Esquerda Unida de Ponteareas continúa a súa labor de reclamar ao Concello de Ponteareas a recuperación da xestión directa da auga. Dende esta organización lembran que a xestión da auga en Ponteareas "está privatizada dende o ano 1989 cando se lle concedeu por primeira vez a xestión á empresa Aquagest, actualmente Viaqua".