Ponteareas será un dos once concellos da provincia que participará na campaña da Deputación de Pontevedra de reciclaxe e reutilización do lixo electrónico, segundo informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.
A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, vén de dar conta da exposición pública da listaxe de nenos e nenas de admitidas na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na nesta ligazón da páxina web do Concello.
A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa están publicadas as listaxes de admitidos na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na seguinte ligazón da páxina web do Concello.
A Concellaría de Eventos do Concello de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina Fernández Davila, organiza este vindeiro domingo, 9 de agosto, o "Día da Infancia" que contará con actividades 'refrescantes' e moita creatividade.
Hoxe botou a andar en Ponteareas a terceira edición do 'Festival Internacional de Teatro de Rúa', actividade organizada pola Concellería de Eventos, que dirixe Cristina Fernández e que comezou ás 19 horas nos xardíns do Concello. Respectando todas as recomendacións e normas de seguridade sanitarias e de distanciamento, Ponteareas gozou dunha terceira edición deste tan afamado festival de teatro de rúa colgando novamente o cartel de 'completo'.
A Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza para este venres día 7 unha actividade de senderismo combinado con kayak dentro da programación de Mocidade Viva. Esta novidosa suxestión deportiva e lúdica incorpórase á oferta de lecer específica para a mocidade co obxectivo de promover hábitos de vida saudábeis e o coñecemento do noso patrimonio natural.
A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar na visita ao Castro de Troña para visionar as Perseidas e constelacións. Este sábado día 8 veciñas e veciños poderán gozar desta chuvia de meteoros e a visións das constelacións a partir das 22:30 totalmente de balde.
As alumnas da especialidade de Atención Socio Sanitaria a Persoas Dependentes en Domicilios e Institucións Sociais do obradoiro de emprego "Coidar de Nós II" do Concello de Ponteareas, iniciaron as prácticas formativas no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo durante os días 3 a 14 de agosto 2020.
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, concluíu o proceso de interlocución e información veciñal relativo á reordenación dos espazos peonís e do tráfico nas rúas situadas no entorno do Mercado Municipal de Ponteareas.
A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convida a toda a cidadanía a desfrutar da terceira edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa que comeza o mércores día 5 ás 19 horas nos xardíns do Concello. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e Luis Crespo de Teatro do Zurdo e asesor da programación, presentaron esta nova edición na que non faltarán os mellores ingredientes para encher de ilusión as rúas da vila.
O dispositivo especial de vixilancia nocturna da Policía Local de Ponteareas do pasado sábado permitíu actuar con rapidez nun incendio declarado no Hotel Condado da localidade sobre a 1:30 da madrugada, hora en que as dúas patrullas da Policía Local recibiron unha chamada alertando da existencia dun incendio no hotel e dunha persoa atrapada que pedía auxilio.
No pleno ordinario do Concello de Ponteareas, celebrado o pasado 28 de xullo, a totalidade dos concelleiros da Corporación Municipal votaron a favor dunha moción presentada pola Plataforma veciñal de Ribadetea, na que se acordou esixirlle á Xunta de Galicia que elabore o proxecto de execución da totalidade do saneamento da parroquia, así como "que cumpra o seu compromiso de aportar o 80 % do seu custo".
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.