Martes, 8 Xullo de 2025

Ponteareas

Ata o 15 de decembro poderase participar no I Concurso de relatos ilustrados

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, en colaboración coa Federación de Comercio Banastra, organiza un concurso de relatos ilustrados de Nadal para espertar a creatividade da veciñanza e descubrir os novos talentos das letras e da ilustración.

Ponteareas organiza un curso sobre o certificado dixital e trámites coa administración mediante internet

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas organiza un curso de Certificado dixital e xestión e trámites mediante internet no que poden participar 15 persoas e que ten por obxectivo dar a coñecer o funcionamento do correo electrónico Gmail, aprender a obter un certificado dixital e as súas funcións, as diferenzas entre o certificado dixital e o DNI electrónico. O curso é totalmente de balde e todas as persoas interesadas deben anotarse no Rexistro do Concello.

Deposita os teus aparellos eléctricos e electrónicos no punto RAEE da praza de abastos

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que o Concello de Ponteareas colabora coa Deputación de Pontevedra no proxecto ESTRAEE, que está a desenvolver unha campaña de sensibilización e recollida dos RAEE (residuos e aparellos eléctricos e electrónicos) co obxectivo de animar ás veciñas e aos veciños a coñecer máis sobre este tipo de residuos.

Presentado o Orzamento do Concello de Ponteareas para 2021, que supera os 18 millóns de euros

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde, Chus Garrote, presentaron o orzamento do Concello para 2021, que suma un total de 18,3 millóns de euros. Entre as partidas que destacaron están as destinadas as políticas sociais, con máis de 3 millóns de euros. Os investimentos destinados a infraestructuras básicas como saneamento e de mellora de eficiencia enexética nos edificios públicos suman case 4 millóns de euros.

O PP de Ponteareas denuncia que o Goberno local presenta os Orzamentos “sen manter reunións cos grupos da oposición”

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamenta a falta de diálogo do Goberno local que pretende aprobar, a semana que vén, o documento máis importante que ten o Concello, os seus Orzamentos. Os populares denuncian falta de diálogo e consenso ao presentar o documento "sen reunirse coa oposición e sen escoitar por tanto as nosas suxerencias”.

Ponteareas instala a iluminación de Nadal para contribuír á actividade comercial na vila

As rúas do centro urbano e as parroquias de Ponteareas acollen nestes días a instalación da iluminación de Nadal. Un cento de arcos e outros tantos elementos de iluminación empregados na montaxe, adobiarán as rúas de Ponteareas no vindeiro mes de decembro. Todos os motivos son fabricados con estrutura de aluminio e díodos LED.

O alcalde de Ponteareas “lamenta que se manipulen” as súas palabras en relación coa suposta falta de transparencia denunciada por ACiP

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, saíu ao paso das declaracións dos representantes sindicais do Concello que acusaron ao rexedor municipal de “culpar aos traballadores municipais” en relación coa falta de transparencia denunciada por ACIP. Represas lamentou que se “terxiversen” as súas palabras e afirma que “non é certo que o alcalde culpe ao persoal municipal. ACIP acusoume de falta de transparencia por denegar información e eu limiteime a aclarar que as solicitudes da oposición son analizadas polos servizos xurídicos que son os que din se debo ou non autorizalas".

A Garda Civil investiga a tres mozos pola presunta introdución de billetes falsos de 20 euros en establecementos comerciais do sur de Pontevedra

Tres mozos, veciños de vigo e con idades comprendidas entre os 25 e 37 anos e con "amplo expediente policial" foron investigados esta semana pola pertencer, presuntamente, a un grupo criminal que se dedicaba a introducir moeda falsa, en concreto billetes de 20 euros, a través de establecimentos comerciais do sur de Pontevedra.

As concellerías de Medio Ambiente e Ensino de Ponteareas organizaron actividades escolares sobre compostaxe

No marco do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, as Concellarías de Ensino e Medio Ambiente, que dirixen Cristina Fernández Davila e Rosa Covelo Alonso, respectivamente, participaron estes días nunha serie de actividades didácticas –adaptadas pola situación da COVID-19– sobre compostaxe, no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

Un proxecto de musealización, apoiado nas tecnoloxías do século XXI, devolverá este verán ao Castelo de Sobroso todo seu esplendor medieval

“En xullo vémonos no castelo musealizado de Sobroso”. Con este desexo “obxectivo”, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou hoxe o ambicioso proxecto de musealización, que ten un orzamento de 300.000 euros, que mergullará ás persoas visitantes na rica historia da fortaleza da comarca do Condado, apoiándose para elo nas últimas tecnoloxías audiovisuais do século XXI.

A Protectora de Animais Biosbardos, abre a súa tenda Solidaria en Vigo, para poder seguir atendendo aos 556 animais que teñen ao seu cargo

A crise creada pola extensión do coronavirus afectou a diferentes sectores. No caso das protectoras de animais e das voluntarias e voluntarios que fan que existan, a Covid-19 impediu que puidesen facer todo aquilo que lles permitía saír adiante.

Ponteareas ofrece apoio a través dunha charla ás familias afectadas pola Diabetes

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra cada 14 de novembro, Ponteareas amosa o seu apoio e compromiso cos e coas pacientes desta doenza. Este venres, a través da web municipal e das redes sociais do Concello, poderá seguirse unha charla baixo o título “Como negociar cos/coas adolescentes”, organizada pola Concellaría de Saúde e a Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia).