Ponteareas acolle esta fin de semana o Campionato Galego Máster de natación, o único encontro autonómico desta categoría desta tempada. A competición celebrarase este 12 e 13 de xuño na piscina do complexo deportivo 'Álvaro Pino', onde se darán cita máis de 240 deportistas de 25 clubs procedentes de toda Galicia.
Co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal en Ponteareas, o Concello vén de abrir o prazo de solicitude de axudas destinadas a asociacións veciñais, culturais, regantes e Comunidade de montes para a realización de investimentos tanto de obra como de equipamentos.
O Concello de Ponteareas deu luz verde en pleno, cos votos de BNG, PSOE e PP e a abstención de ACIP, á aprobación inicial do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), unha norma xurídica que establece as regras do xogo democrático no ámbito local regulando aspectos como a celebración dos plenos ou os dereitos e deberes dos membros da Corporación.
Poder gozar das alfombras florais os 365 días do ano. Ese é un dos obxectivos co que nacerá o Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia, e que grazas á tecnoloxía converterá as rúas ponteareás nun escenario no que vivir a arte efémera de xeito sinxelo e inmersivo en calquera momento.
O Club de Enduro/Dh de Ponteareas, Pontebike Team, participará no Campionato de España de Enduro, que se celebrará en Mugardos, A Coruña. O Club desprazarase ata a localidade Coruñesa para participar con 8 dos seus corredores nesta importante cita.
Ponteareas celebra este ano o seu Corpus de xeito comedido, seguro e íntimo. A vila prepárase xa para esta Festa de Interese Turístico Internacional que, dada a situación sanitaria, incluirá actividades exclusivas para a súa veciñanza e retransmisións en directo a través das redes sociais do Concello para o resto da poboación.
O Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas prepara xa o seu fin de curso. Ante a situación sanitaria que se está a vivir, nesta ocasión o Conservatorio cambiará a súa tradicional actuación no auditorio municipal por un concerto para todos os públicos ao aire libre.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.
O pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá do 24 ao 27 de xuño o campionato de España de hóckey a patíns na categoría sub 17 feminina. Trátase da primeira competición de ámbito estatal desta modalidade que se celebrará na vila do Corpus.
A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez vén de informar da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.